Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Sesión maxistral A35 B4 B13 B14 B15 A participación dos alumnos nas clases teóricas impartidas polos profesores e OBLIGATORIA.
Todas as faltas deben ser xustificadas. A ausencia de dous días ou máis das clases teóricas, levará suspender o curso. A asistencia e participación nas clases serán avaliadas
25
Saídas de campo B1 B5 B6 B9 B10 B12 C4 C7 A saída de campo destina-se como práctica en pequenos grupos na empresa CZ veterinaria.
Avaliaranse a presenza, participación e implicación dos alumnos.
15
Proba de resposta múltiple A35 A36 B2 B3 B7 B8 B11 Preguntas sobre os temas impartidos.
Parcial de farmacoloxía (30)
Parcial de Inmunoloxía (30)
60
 
Observacións avaliación

 AVALIACIÓN
CONTINUA



En
cada parcial debes obter polo menos un 4,5 (sobre 10) para poder facer a media
co outro parcial. Unha vez aprobado conservará a nota do
parcial aprobado para futuras convocatorias. A asistencia a clase é
obrigatoria. A ausencia delas por causa inxustificada levará a suspenso da
materia. Para engadir as notas de asistencia e visita á empresa, o alumno debe
ter superada a materia (polo menos 5 puntos de 10). A cualificación global
obterase da suma da media do exame, a asistencia a clase e a asistencia empresa

AVALIACIÓN GLOBAL



Aqueles alumnos que non queiran ser avaliados
de forma continuada deberán solicitalo no tempo e forma establecidos o Centro,
e sempre antes de comezar as clases.



O alumnado que opte por esta opción terá un
único exame global de avaliación das dúas partes da materia, incluíndo
preguntas sobre a produción de vacinas da empresa.



En
todo caso, a asistencia a clase é OBRIGATORIA, xa sexa a avaliación continua ou
global.

INFORMACIÓN
XERAL

Os/as alumnos/as que non superen a materia na primeira convocatoria , poderán presentarse a segunda convocatoria, sempre que asistiran as clases con regularidade.

Cualificación de
suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que
se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na
convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se
produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a
modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose
necesario.

No caso de que se detecte plaxio, aplicarase a
normativa da UDC. Segundo se recolle nas distintas normativas de
aplicación para a docencia universitaria, tratarase de incorporar a perspectiva
de xénero nesta materia. Traballarase para identificar e modificar prexuicios e
actitudes sexistas así como situacións de discriminación por razón de xénero e
proporanse accións e medidas para corrixilas e fomentar valores de respecto e
igualdade