Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Debate virtual A37 B1 B3 Valorarase a capacidade de condensación da información, a comunicación e expresión oral e a calidade do documento ppt. 20
Portafolios do alumno B1 B3 B5 valorarase o grado de comprensión, de análise, de calidade e claridade de exposición e do tratamento das cuestións e problemas propostos. 20
Proba mixta A37 B5 B6 B7 Valorarase o dominio de conceptos teóricos e prácticos, claridade nas explicacións, capacidade de relacionar e integrar a información recibida tratada nas clases de teoría e prácticas, e a capacidade de resolver cuestións e problemas. 40
Prácticas de laboratorio B2 B4 Valorarase o coñecemento sobre o significado das tarefas realizadas, e a interpretación dos resultados obtidos. 20
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia, o/a estudante debe acadar,
como mínimo, a metade da cualificación da proba mixta.

As probas mixtas de cada unha das dúas oportunidades
realizaranse de acordo ao calendario de exámes establecido pola coordinación do
mestrado. Terán prioridade para optar á Matrícula de Honra aqueles/as estudantes que
se presenten na primeira oportunidade.

Considerarase NON PRESENTADO cando o/a estudante non
realizase ningunha das actividades/metodoloxías propostas.

Para presentarse ao exame da segunda oportunidade será
necesario ter entregadas as probas actividades de avaliación continuas que se
soliciten cada curso académico.

A avaliación será preferentemente continua, non
obstante, o/a estudante poderase acoller a unha proba de avaliación global. A
proba de avaliación global consistirá nun exame escrito (40% da cualificación)
e a entrega de tres traballos: un polas sesións das prácticas, outro do
portafolios (resolución de problemas do tema de estatística) e o terceiro sobre
o debate virtual (consistente na elaboración dun resume da lectura de varios
artigos). Cada un dos traballos terá un peso do 20%. Os traballos deberanse
entregar na data oficial do exame.

 

Para os estudantes co recoñecemento de dedicación a
tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, o 50% da nota
virá da proba mixta e o 50% restante da entrega dos portafolios.

Os estudantes con matrícula a tempo parcial deben poñerse
en contacto cos docentes para concretar datas de entrega dos informes
de prácticas.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación implicará directamente a aplicación da normativa vixente da
UDC.

Implicacións do PLAXIO na cualificación:
Aplicarase a normativa vixente.