Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A25 A27 A30 A31 A34 O exame constará de preguntas tipo test, de preguntas cortas e da resolución de
problemas numéricos.
50
Solución de problemas A24 A25 A26 A27 A35 A43 Plantexaranse problemas co profesorado resolverá na clase. De maneira complementaria plantexaranse cuestións/problemas co alumnado terá que resolver
de forma autónoma e individual e que entregarán ao profesor nun prazo que non
superará os 20 días naturais despois do remate da impartición da materia.
30
Estudo de casos A30 A33 A34 A42 Ao alumnado plantexaráselle un caso real relativo á calidade do aire e o estudantado en base aos coñecementos adquiridos terá que realizar un informe medioambiental da zona. 15
Saídas de campo A27 A34 O alumnado elaborará un resumo da visita realizada. O profesorado poderá requirir a busca de información ou a interpretación dalgún dato que se obtén na estación da calidade do ar. 5
 
Observacións avaliación

O traballo do alumno será avaliado de forma continua a través da súa participación activa ao longo da impartición da materia. 

Outorgarase a cualificación de non presentado a aquel alumno que non se presente á proba mixta.

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

A cualificación final da materia obterase da suma dos sumandos descritos na táboa anterior. 

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Na segunda oportunidade realizarase a proba mixta e manteranse as notas obtidas na solución de problemas, estudos de casos e saídas de campo namentres que a calificación obtida na proba mixta nesta oportunidade substituirá á obtida na primeira oportunidade. 

Os alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se cubriu na súa totalidade na primeira oportunidade.

CONVOCATORIA ADIANTADA

Manteranse as cualificacións do curso anterior pero as porcentaxes serán as do curso en vigor

ESTUDANTES CON RECOÑECEMENTO DE ADICACIÓN A TEMPO PARCIAL 

Aplícanse os mesmos criterios de avaliación indicados anteriormente.

ESTUDANTES CON DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA (de acordo coa normativa da UDC):

O alumno con dispensa académica de exención de asistencia será avaliado unicamente mediante as cualificacións obtidas na proba mixta (60%), resolucións de problemas (20%) e estudo de caso (20%). Isto aplica a ambas as oportunidades.

Na avaliación da materia aplicarase todo o establecido no artigo 14, relativo á Comisión de Fraude e responsabilidades disciplinarias, das Normas de avaliación de graos e másteres da UDC.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.