Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Experimentación de procesos de análise da calidade da auga, ou dalgún elemento dun proceso, partindo do fundamento teórico, os materiais e métodos dispoñíbeis, a obtención de resultados experimentais, a súa análise e valoración, e a obtención de conclusións. Contarán con un guión previo e elaborarán unha memoria do traballo.
Proba obxectiva Consiste nun exame tipo test ou mixto, con resposta única, múltiple ou aberta, que versará sobre os contidos traballados nas e sesións maxistrais, seminarios e análise de fontes documentais.
Seminario Formulación de problemas teóricos ou prácticos e estudo e análise de documentación, debate e obtención de conclusións no grupo. Elección dunha temática para a elaboración dun traballo escrito.
Sesión maxistral O profesorado exporá oralmente e axudándose de medios audiovisuais os contidos básicos da materia. Realizará preguntas e outras observacións para dirixir a atención do alumno sobre os aspectos claves. Facilitará ao alumno os esquemas, gráficos e táboas que considere oportuno.