Código Competencias / Resultados do título
A23 COM 1 - Xerar procedementos e actuacións científicas, tecnolóxicas e de xestión para a resolución de problemas ambientais, dende o entorno da química, a bioloxía, a nanociencia e nanotecnoloxía. TIPO: Competencias
A24 COM 2 - Planexar a realización dun traballo profesional ou de investigación no ámbito do medio ambiente, considerando: o estudo e caracterización de materiais e/ou substancias, a súas propiedades fisicoquímicas, biolóxicas e toxicolóxicas, os procesos de distribución- transformación e os seus posibles efectos, propoñendo tecnoloxías para a súa monitorización e/ou tratamento, tomando en consideración a lexislación aplicable e elaborando informes profesionais que faciliten a comprensión aos destinatarios. TIPO: Competencias
A25 CON 1 - Identificar os principais problemas ambientais, e os desafíos que conlevan en relación cos Obxectivos de Desenvolvimento Sostible (ODS), recoñecendo as suas causas e potenciais efectos, asemade as tecnoloxías e os sistemas de xestión ambiental a disposición para abordalos. TIPO: Coñecementos e contidos
A26 CON 2 - Describir o comportamento de diferentes espécies químicas e dos procesos aos que poden estar sometidas unha vez liberadas no medio ambiente, incluíndo as interaccións entre distintos compartimentos medioambientais. TIPO: Coñecementos e contidos
A27 CON 3 - Definir indicadores de calidade do ár, auga e solo, identificando as súas propiedades e os procesos de distribución en cada medio, a súa avaliación e métodos de análise. TIPO: Coñecementos e contidos
A30 CON 6 - Interpretar a lexislación, normativa e os procedementos administrativos básicos sobre atmosfera, medio acuático e solo, revisando a avaliación de impacto ambiental e a lexislación sectorial no marco da economía circular. TIPO: Coñecementos e contidos
A31 HAB 1 - Seleccionar as principais tecnoloxías para a resolución de problemas ambientais relacionados coa calidade do ár, do medio acuático e de solos, considerando os obxectivos de desenvolvemento sostible. TIPO: Habilidades e destrezas
A32 HAB 2 - Aplicar os principios básicos da xestión ambiental e a avaliación de impacto ambiental, tendo en conta os requerimentos lexislativos pertinentes e a implementación de tecnoloxías para a remediación e/ou a protección ambiental. TIPO: Habilidades e destrezas
A38 HAB 8 - Avaliar o comportamento do solo fronte a accións antropoxénicas, planificación do seu uso en función dos resultados obtidos mediante as técnicas de estudo, identificando solos degradados e contaminados e os procesos de recuperación. TIPO: Habilidades e destrezas
A41 RAC 1.5 - Identificar oportunidades e retos que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social en liña co recollido nos ODS. TIPO: Coñecementos e contidos
A42 RAC 2.3 - Transferir o coñecemento obtido aplicando na práctica solucións novedosas e creativas, relacionadas coa protección do medio ambiente, e os retos emerxentes asociados, que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social, adaptado ao entorno social e económico. TIPO: Competencias