Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Sesión maxistral A23 A24 A25 A26 A27 A38 A41 Sesións presentadas polo profesorado sobre temas centrais da materia nas que se fomentará a participación do alumnado. 0
Estudo de casos A24 A25 A32 A38 Valorarase a participación activa e o aproveitamento na resolución de casos prácticos e exercicios propostos polo profesorado. 10
Saídas de campo A24 A27 A38 A42 Valorarase o interés e participación do alumnado durante a saída o campo. 10
Prácticas de laboratorio A27 A24 Evaluación continua. 10
Presentación oral A24 A25 A30 A31 A32 Valorarase a calidade do traballo e a precisión na exposición, así como a capacidade de defensa dos argumentos expostos. 20
Proba mixta A25 A26 A27 Proba tipo test e preguntas curtas sobre os contidos tratados na materia. 50
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia é necesario acadar un 5 sobre 10 como nota global.

Primeira oportunidade: a nota final será a suma das puntuacións acadadas en cada unha das actividades (casos prácticos, exposición oral, saída ao campo, prácticas de laboratorio, proba mixta). Para que unha actividade sexa avaliada requírese o 100% de asistencia (se non se cumpre este requisito computará como cero), agás nos “casos prácticos” nos que a asistencia mínima será do 80%. Considerárase non presentado aquel alumnado que realice todas as actividades agás a proba mixta. 

Segunda oportunidade e oportunidade adiantada: a cualificación final obteraáse dunha proba mixta que abarcará os contidos tratados na materia. A puntuación máxima desta proba será de 10. 

A matrícula de honra concederáse aos alumnos/as que acaden tal cualificación na primeira oportunidade. 

Todos os aspectos relacionados coa dispensa académica, a dedicación o estudo, a permanencia e a fraude académica rexeranse segundo a normativa vixente da UDC.