Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos/á estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. O profesorado exporá os puntos fundamentais do programa convintemente ilustrados con exemplos prácticos.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Proba de resposta múltiple Proba obxectiva que consiste en formular unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só unha delas é válida.
Rematada a exposición dos contidos e resolución de problemas de cada tema da materia, faranse exercicios prácticos e/ou cuestionarios. Propóñense como traballo autónomo do alumnado.
Traballos tutelados Realización dun traballo en grupo, que consistirá no tratamento completo dun conxunto de datos, na medida do posible do ámbito de estudos medioambientais, que poderá ser corrixido no aula.
Pretende promover a aprendizaxe autónoma do alumnado, baixo a tutela do/a docente. Implica fundamentalmente traballo autónomo por parte do alumnado, pero sempre baixo a supervisión do/a docente.