Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A24 A27 A39 A43 A44 Participación nas aulas adicadas á aprendizaxe colaborativa e realización dunha proba escrita 40
Proba de resposta múltiple A24 A27 A39 A43 A44 Resolución de problemas/cuestionarios 20
Traballos tutelados A24 A27 A39 A43 A44 O alumnado analizará os datos e expoñerá as conclusións dos traballos realizados, ben de forma individual ou en grupo. 40
 
Observacións avaliación

A asistencia ás
clases é obrigatoria. Valorarase positivamente a actitude e a participación nas
mesmas. A asistencia mínima será non inferior ó 80% das horas presenciais (agás
ausencias debidamente xustificadas). 

Na corrección das distintas
actividades terase en conta os aspectos formais para a resolución dos problemas

plantexados, a claridade nas exposicións e a capacidade de defensa dos argumentos
presentados no traballo escrito, así como de ser o caso presentación oral dos resultados
acadados. 

Para os estudantes
co recoñecemento de dedicación a tempo parcial e/ou dispensa académica
 de
exención de asistencia, a cualificación obterase a partir das actividades de Proba
de resposta múltiple (25%) e Traballos
tutelados (75%).

Para obter a cualificación
de NP
 (Non Presentado), o alumnado non poderá ter realizado a proba
incluída nas actividades de aprendizaxe colaborativa nin os traballos.

Todos os
aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao
estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de
acordo coa normativa
académica vixente da UDC
.