Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Proba obxectiva sobre os contidos desenvolvidos na aula. Pode ser integramente tipo test, con varias opcións de resposta que se contestará polo alumnado de xeito individual.
Sesión maxistral Explicación por parte do profesorado dos contidos do programa teórico da materia, mediante exposición oral guiada co uso de presentacións e medios audiovisuais. A explicación se complementará coa introdución de preguntas dirixidas ao alumnado co obxectivo de facilitar a aprendizaxe.
Estudo de casos Análise de casos prácticos relacionados cos contidos da materia e de lecturas destinadas á comprensión da materia. Estos estudos incluirán un cuestionario que os alumnos deberán responder en clase ou a través de documentos escritos a entregar.
Traballos tutelados Realización dun traballo práctico por parte do grupo, co obxectivo de promover a aprendizaxe autónoma do alumnado baixo a tutela do profesorado.