Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A29 A40 A41 A43 A45 A46 Test de resposta múltiple individual. 30
Traballos tutelados A29 A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 Desenvolvemento e defensa do caso ou traballo práctico en equipo. Valorarase:
- A capacidade de aplicar correctamente os coñecementos sobre creación e dirección de proxectos empresariais.
- A capacidade de reunir e interpretar datos relevantes.
- A capacidade de utilización de ferramentas metodolóxicas.
- A capacidade de expoñer a información de forma clara e ordenada.
- A capacidade de coordinar e aunar as distintas partes do traballo, demostrando o traballo en equipo.
40
Estudo de casos A29 A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 Análise de casos. Respostas a un cuestionario relacionado.
30
 
Observacións avaliación

A. NORMATIVA DE AVALIACIÓN:

Condicións de avaliación: está prohibido acceder á
aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior
e/ou almacenamento de información. 

A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0’ na materia na
convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en
todas as actividades de avaliación para a convocatoria extraordinaria.

Identificación do/da estudante: o/a estudante terá que
acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.

B. TIPOS DE CUALIFICACIÓN:

Cualificación de non presentado: corresponde ao alumnado,
cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación
inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación
alcanzada.

Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia: os/as estudantes con
recoñecemento de dedicación a tempo parcial, aínda que estean exentos de
asistencia, serán avaliados cos mesmos criterios que os alumnos a tempo
completo.

C. OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:

Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de
avaliación indicados.

Segunda oportunidade: os criterios de avaliación son os
mesmos para todas as oportunidades de avaliación.

Convocatoria adiantada: na convocatoria adiantada séguense
os mesmos criterios que para a primeira e segunda oportunidade.

En calquera caso, todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”,“dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

D. OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN:

a) Exame (proba de resposta múltiple):

30% da cualificación.

b) Estudo de casos

30% da cualificación

c) Traballos tutelados:

70% da cualificación.

A nota agregada (a+ b+c) deberá ser igual ou superior a 5
puntos sobre 10 para poder superar a materia. Os criterios de avaliación son os
mesmos para a primeira e a segunda oportunidade de cada convocatoria, así como
para a convocatoria adiantada. No caso de non superar a materia na primeira
oportunidade, pódese gardar a puntuación do traballo tutelado (parte  c) para a segunda oportunidade e para a
convocatoria adiantada, ou se pode facer un novo traballo de maneira
individual, que deberá presentarse tres días antes da data sinalada para o
exame oficial.