Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Análise de Matrices Ambientais | Código | 610500109 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Presentaranse os contidos máis importantes da materia. Para un total aproveitamento das mesmas, recoméndase ao alumno que teña lido previamente os aspectos fundamentais do tema a tratar (nos textos recomendados). Para a impartición empregaranse medios audiovisuais e/ou informáticos e fomentarase o diálogo para a correcta comprensión dos contidos, a resolución de dúbidas e o fomento do sentido crítico. |
Seminario | Aplicacións dos aspectos esenciais das clases maxistrais coa resolución de exercicios numéricos, problemas ou dun caso práctico de carácter ambiental. |
Prácticas de laboratorio | Abordarase a avaliación medioambiental dun medio coa aplicación dun ou dous métodos de análise completo, empregando diferentes técnicas de pretratamento da mostra, separación do(s) analito(s) da matriz e a posterior determinación instrumental. Ao finalizar as prácticas os estudantes discutirán os resultados obtidos a través dunha análise crítica e detallada, ben por escrito ou de discusión na aula. |
Traballos tutelados | Plantéase para promover a aprendizaxe autónoma, independente e responsable dos estudantes, baixo a tutela do profesor. Indicarase un problema medioambiental de actualidade e os estudantes tentarán de plantexar a mellor estratexia para a determinación do contaminante que ocasiona a devandita contaminación. |
Proba mixta | Proba escrita para avaliar os resultados da aprendizaxe por parte do alumnado. Inclúe preguntas de opción múltiple, de asociación, explicación e resolución de problemas. |