Traballos tutelados |
Cada estudante entregará, por escrito, polo menos: (i) un traballo consistente na análise dun aspecto das guías internacionais de calidade (alternativamente tamén se pode facer un estudo dun caso de éxito dunha empresa); (ii) un traballo analizando algún aspecto da ISO 17025; (iii) un traballo analizando a regulamentación EMAS; (iv) outros traballos que aborden casos prácticos, resumos de conferencia, reflexións persoais acerca dun tema, etc. |
Sesión maxistral |
Descrición e estudo dos fundamentos dos Sistemas de Xestión da Calidade. Problemas habituais e vantaxes da súa aplicación. |