Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
A asistencia á clase e a realización das actividades (nomeadamente, seminarios e traballos escritos) son condicións sine qua non para superar a materia. Perspectiva de Xénero: Buscarase desenvolver unha perspectiva cidadán crítica, aberta e respectuosa coa diversidade da Sociedade. Todo o alumnado terá os mesmos dereitos e trato.
En colaboración con Programa Green Campus, para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias", os traballos documentais que se realicen nesta materia (cando se entreguen impresos) non levarán cubertas plásticas e realizaranse impresións a dobre cara e sen abundancia de cor. Empregarase papel reciclado, cando sexa posible.
Os traballos serán entregados en tempo e forma. De se detectaren irregularidades nos mesmos (plaxio, uso de sistemas virtuais, etc.), suporán o suspenso na materia.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “adicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.