Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Sesión maxistral A23 A26 A27 A31 A33 A35 A36 Avaliarase a asistencia ás sesións maxistrais e a participación activa nas mismas. 5
Estudo de casos A24 A42 A43 A44 As actividades académicas dirixidas serán avaliados pola realización e /ou exposición das mesmas por parte do estudante.
25
Seminario A23 A24 A34 Avaliarase o traballo e participación activa do estudante. 10
Prácticas de laboratorio A23 A24 A34 Avaliarase de modo continuado o traballo e a participación activa do estudante.

20
Proba mixta A26 A27 A31 A33 A34 A35 A36 O grao de aprendizaxe dos contidos propios da materia e dos resualtados do aprendizaxe por parte do estudante avaliarase mediante unha proba obxectiva. Constará de preguntas teóricas, cuestións aplicadas e resolución de problemas 40
 
Observacións avaliación

A asistencia ás clases é obrigatoria. Valorarase positivamente a actitude e a participación nas mesmas. A asistencia mínima será non inferior ó 80% das horas presenciais (agás ausencias debidamente xustificadas). 

Na corrección das distintas actividades terase en conta os aspectos formais para a resolución dos problemas
plantexados, a claridade nas exposicións e a capacidade de defensa dos argumentos presentados no traballo escrito, así como de ser o caso presentación oral dos resultados acadados. 

Para os estudantes co recoñecemento de dedicación a tempo parcial e/ou dispensa académica de exención de asistencia, a cualificación obterase a partir das actividades de Proba mixta (25%) e Estudos de casos (75%).

Para obter a cualificación de NP (Non Presentado), o alumnado non poderá ter realizado a proba incluída nas actividades de aprendizaxe colaborativa nin os traballos.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.