-Saber redactar, sintetizar e presentar ordenadamente un traballo,
así como a aplicación a un nivel de usuario de ferramentas informáticas (uso de
internet, procesador de textos, presentaciones, etc.) -Saber manejar libros de
texto. -Ter coñecementos básicos de inglés -Estudiar e revisar semanalmente a
materia impartida, utilizando material bibliográfico para comprender e ahondar
na información obtida na clase. -Aclarar co profesor/a as posibles dubidas.
-Realizar a preparación dos seminarios. -Participar activamente na clase. Programa Green Campus Facultade de Ciencias: Para axudar a
conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co punto 6 da
"Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos
documentais que se realicen nesta materia: a) Solicitaranse maioritariamente en
formato virtual e soporte informático b) De realizarse en papel: non se
empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel
reciclado, cando sexa posible, evitarase a impresión de borradores. Incorporación da Perspectiva de Xénero: - Segundo se recolle nas
distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase
incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista,
utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a
intervención en clase de alumnos e alumnas...). - Traballarase para identificar
e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para
modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. - Deberanse detectar
situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas
para corrixilas. |