Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Técnicas de estudo da degradación de solos | Código | 610500114 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas a través de TIC | A23 A42 B5 B6 C6 C10 | Valorarase o aproveitamento das sesións prácticas a través dos proxectos que os alumnos deberán facer cos coñecementos adquiridos en ditas sesións. | 50 |
Solución de problemas | A24 A31 A38 A42 B4 B6 C4 | Os alumnos elaborarán un proxecto centrado na resolución de problemas relacionados coa contaminación dos solos e medidas correitoras. | 50 |
Observacións avaliación | |||
- O traballo do alumnado será avaliado de forma continuada mediante a asistencia a actividades avaliables, a resolución de casos prácticos de resolución de problemas e os proxectos prácticos a través das TIC. - Para superar a materia é necesario obter unha nota mínima de 5 puntos (sobre 10) en cada unha das actividades avaliables. - A realización das actividades prácticas é obrigatoria para superar a materia. O alumnado que non realice TODAS as prácticas, sen motivo debidamente xustificado, non poderá superar a materia, independentemente do seu peso na avaliación. Primeira oportunidade:a cualificación final obtense aplicando as porcentaxes e restricións previamente establecidas, sendo necesario obter unha nota final igual ou superior a 5 (sobre 10). O alumno obterá a cualificación de "Non Presentado" cando non realice as prácticas de laboratorio ou non presente os proxectos das actividades avaliables. Segunda oportunidade: na segunda oportunidade repetirase a entrega dos proxectos non superados na primeira oportunidade, cuxa cualificación substituirá á obtida na primeira oportunidade. Manterase as cualificacións das actividades superadas na primeira oportunidade. A cualificación final obtense aplicando as porcentaxes e restricións previamente establecidas, esixindo unha nota final igual ou superior a 5 (sobre 10). Os estudantes avaliados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas para o curso correspondente non estivese totalmente cuberto na primeira oportunidade. Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención académica de exención de asistencia- Estes alumnos deberán realizar prácticas de laboratorio e están exentos doutras actividades. Deberán entregar e aprobar os proxectos das actividades avaliables. Probas fraudulentas- No caso de realización fraudulenta dalgunha das probas ou actividades de avaliación, será de aplicación a normativa vixente na UDC. |