Código Competencias / Resultados do título
A23 COM 1 - Xerar procedementos e actuacións científicas, tecnolóxicas e de xestión para a resolución de problemas ambientais, dende o entorno da química, a bioloxía, a nanociencia e nanotecnoloxía. TIPO: Competencias
A25 CON 1 - Identificar os principais problemas ambientais, e os desafíos que conlevan en relación cos Obxectivos de Desenvolvimento Sostible (ODS), recoñecendo as suas causas e potenciais efectos, asemade as tecnoloxías e os sistemas de xestión ambiental a disposición para abordalos. TIPO: Coñecementos e contidos
A29 CON 5 - Asociar as implicacións económicas dos problemas ambientais, os instrumentos de política económica e os principais indicadores ambientales con criterios de sostibilidade, tanto no sector público como no da empresa privada, de xeito que se contribúa ao desenvolvemento económico, político e social TIPO: Coñecementos e contidos
A31 HAB 1 - Seleccionar as principais tecnoloxías para a resolución de problemas ambientais relacionados coa calidade do ár, do medio acuático e de solos, considerando os obxectivos de desenvolvemento sostible. TIPO: Habilidades e destrezas
A32 HAB 2 - Aplicar os principios básicos da xestión ambiental e a avaliación de impacto ambiental, tendo en conta os requerimentos lexislativos pertinentes e a implementación de tecnoloxías para a remediación e/ou a protección ambiental. TIPO: Habilidades e destrezas
A41 RAC 1.5 - Identificar oportunidades e retos que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social en liña co recollido nos ODS. TIPO: Coñecementos e contidos
A42 RAC 2.3 - Transferir o coñecemento obtido aplicando na práctica solucións novedosas e creativas, relacionadas coa protección do medio ambiente, e os retos emerxentes asociados, que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social, adaptado ao entorno social e económico. TIPO: Competencias