Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Experimentación de procesos ou dalgún elemento dun proceso, partindo do fundamento teórico, os materiais e métodos dispoñíbeis, a obtención de resultados experimentais, a súa análise e valoración, e a obtención de conclusións. Contarán con un guión previo e elaborarán unha memoria do traballo.
Seminario Formulación de problemas teóricos ou prácticos e estudo e análise de documentación, debate e obtención de conclusións no grupo.
Saídas de campo Realizarase unha visita a unha instalación de tratamento de residuos, na que o alumnado deberá recoller información directa, completala con información adicional (independente ou de diversas fontes), analizala criticamente e sacar conclusións. Elaborarán unha memoria do traballo.
Proba obxectiva Consiste nun exame tipo test, con resposta única ou múltiple, que versará sobre os contidos traballados nas sesións maxistrais, seminarios e análise de fontes documentais.
Sesión maxistral O profesorado exporá oralmente e axudándose de medios audiovisuais os contidos básicos da materia. Realizará preguntas e outras observacións para dirixir a atención do alumnado sobre os aspectos claves. Facilitará aos estudantes os esquemas, gráficos e táboas que considere oportuno.