Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Sesión maxistral A25 A29 A31 A32 A41 A42 Avaliación continuada da participación activa do/a alumno/a nas mesmas. 5
Prácticas de laboratorio A23 A25 A29 A asistencia ás prácticas e a elaboración dunha memoria conforme aos aspectos formais básicos puntuará un 50% do total desta metodoloxía, e a calidade da memoria puntuará o restante 50%. 30
Seminario A25 A31 A41 A42 Avaliación continuada da participación do/a alumno/a. 15
Saídas de campo A23 A42 A realización das saídas de campo (visitas a plantas de tratamento) e a elaboración dunha memoria conforme ós aspectos formais básicos puntuará un 50% do apartado, e a calidade da memoria puntuará o restante 50%. 10
Proba obxectiva A25 A31 A41 A42 Cuantificación en función da porcentaxe de respostas correctas. 40
 
Observacións avaliación

Os traballos que se acorden e
as memorias de laboratorio e de campo deberán ser entregados no prazo máximo de
2 semanas. A cualificación de Non Presentado resérvase para aqueles/as
alumnos/as que teñan participado en menos do 40% das actividades programadas
e/ou non se presenten á proba obxectiva. 

Todos os aspectos relacionados
con “dispensa académica”“dedicación ao estudo”“permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.