Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A42 A44 Proba obxectiva de preguntas de teoría, resolución de casos prácticos e/ou resolución de problemas sobre o contido explicado nas sesións maxistrais 50
Seminario A42 A43 A44 Resolución de problemas, casos prácticos ou discusión aberta sobre un tema particular. 25
Traballos tutelados A23 A25 A28 A29 A31 A40 A41 A42 A43 A44 Realización de traballos relacionados co contenido da materia. 25
 
Observacións avaliación

A asistencia a un mínimo de sesións maxistrais (75%) e obrigatoria para á avaliación do alumno. O alumno considérase non presentado cando non asiste ó mínimo das sesións maxistrais, independentemente da nota acadada nas distintas metodoloxías que se avalían.

Na primeira oportunidade

-   Avaliaranse as actividades e traballos realizados durante o curso e proba escrita. A Cualificación será a media ponderada das notas obtidas en cada parte, debendo obter en cada unha delas un aprobado (5 sobre 10).

-   É requisito imprescindible unha asistencia mínima do 75% de asistencia ás sesións presenciais. No caso de non alcanzarse dito porcentaxe as actividades/traballos non serán avaliados e a cualificación será de non presentado.

 

Na segunda oportunidade

-   O alumnado que asistiu a lo menos ó 75% das sesiones deberá repetir as partes non superadas (actividades/traballos e/ou proba escrita).

-   Os estudantes que non alcanzaran o porcentaxe de asistencia esixida ás sesións presenciais deberán presentar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos ó longo do curso-

-   En calquera caso casos, a cualificación será a media ponderada das notas obtidas en cada parte, debendo obter en cada unha delas un aprobado (5 sobre 10).

 

Os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia:

-   Deberán poñelo en coñecemento do profesor a primeira semana de clase

-   Na primeira oportunidade, ademáis da proba escrita, terán que realizar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos ó longo do curso e entregalos nas datas que estableza o profesorado. A cualificación final será a media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante o curso e da nota da proba escrita, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10).

-   Na segunda oportunidade, deberán repetir ás partes non superadas (actividades/traballos e/ou proba escrita).

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria