Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A23 |
COM 1 - Xerar procedementos e actuacións científicas, tecnolóxicas e de xestión para a resolución de problemas ambientais, dende o entorno da química, a bioloxía, a nanociencia e nanotecnoloxía. TIPO: Competencias |
A24 |
COM 2 - Planexar a realización dun traballo profesional ou de investigación no ámbito do medio ambiente, considerando: o estudo e caracterización de materiais e/ou substancias, a súas propiedades fisicoquímicas, biolóxicas e toxicolóxicas, os procesos de distribución- transformación e os seus posibles efectos, propoñendo tecnoloxías para a súa monitorización e/ou tratamento, tomando en consideración a lexislación aplicable e elaborando informes profesionais que faciliten a comprensión aos destinatarios. TIPO: Competencias |
A25 |
CON 1 - Identificar os principais problemas ambientais, e os desafíos que conlevan en relación cos Obxectivos de Desenvolvimento Sostible (ODS), recoñecendo as suas causas e potenciais efectos, asemade as tecnoloxías e os sistemas de xestión ambiental a disposición para abordalos. TIPO: Coñecementos e contidos |
A26 |
CON 2 - Describir o comportamento de diferentes espécies químicas e dos procesos aos que poden estar sometidas unha vez liberadas no medio ambiente, incluíndo as interaccións entre distintos compartimentos medioambientais. TIPO: Coñecementos e contidos |
A27 |
CON 3 - Definir indicadores de calidade do ár, auga e solo, identificando as súas propiedades e os procesos de distribución en cada medio, a súa avaliación e métodos de análise. TIPO: Coñecementos e contidos |
A28 |
CON 4 - Relacionar a problemática asociada coa enerxía e as súas fontes, distinguindo as tecnoloxías empregadas actualmente e as máis innovadoras na xeración, transporte, distribución e almacenamento. TIPO: Coñecementos e contidos |
A29 |
CON 5 - Asociar as implicacións económicas dos problemas ambientais, os instrumentos de política económica e os principais indicadores ambientales con criterios de sostibilidade, tanto no sector público como no da empresa privada, de xeito que se contribúa ao desenvolvemento económico, político e social TIPO: Coñecementos e contidos |
A30 |
CON 6 - Interpretar a lexislación, normativa e os procedementos administrativos básicos sobre atmosfera, medio acuático e solo, revisando a avaliación de impacto ambiental e a lexislación sectorial no marco da economía circular. TIPO: Coñecementos e contidos |
A31 |
HAB 1 - Seleccionar as principais tecnoloxías para a resolución de problemas ambientais relacionados coa calidade do ár, do medio acuático e de solos, considerando os obxectivos de desenvolvemento sostible. TIPO: Habilidades e destrezas |
A32 |
HAB 2 - Aplicar os principios básicos da xestión ambiental e a avaliación de impacto ambiental, tendo en conta os requerimentos lexislativos pertinentes e a implementación de tecnoloxías para a remediación e/ou a protección ambiental. TIPO: Habilidades e destrezas |
A33 |
HAB 3 - Relacionar a presenza de especies químicas no medio natural cos conceptos de toxicidade, biodispoñibilidade e bioacumulación. TIPO: Habilidades e destrezas |
A34 |
HAB 4 - Empregar metodoloxías eficientes de análise, incluíndo o tratamento e caracterización da mostra (química e biolóxica), para a determinación de contaminantes ambientais considerando os avances e tendencias actuais a nivel de macro/ micro/nano escala. TIPO: Habilidades e destrezas |
A35 |
HAB 5 - Aplicar conceptos ecolóxicos a nivel de individuo, poboación e comunidade, asemade técnicas de biomonitorización e ecotoxicoloxía para contaminantes de interese ambiental. TIPO: Habilidades e destrezas |
A36 |
HAB 6 - Relacionar a problemática ambiental das emisións á atmosfera cos principais contaminantes, fontes emisoras, emisións industriais, control da calidade do ár e tecnoloxías de tratamento. TIPO: Habilidades e destrezas |
A37 |
HAB 7 - Establecer a calidade das augas naturais en función do seu uso, impactos recibidos sobre o medio, incluíndo o establecemento de indicadores químicos e biolóxicos e plantexar posibles tratamentos de depuración. TIPO: Habilidades e destrezas |
A38 |
HAB 8 - Avaliar o comportamento do solo fronte a accións antropoxénicas, planificación do seu uso en función dos resultados obtidos mediante as técnicas de estudo, identificando solos degradados e contaminados e os procesos de recuperación. TIPO: Habilidades e destrezas |
A39 |
HAB 9 - Aplicar distintas estratexias para o tratamento estatístico de datos relacionados con estudos medioambientais, empregando ferramentas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC). TIPO: Habilidades e destrezas |
A40 |
HAB 10 - Empregar los conceptos e metodoloxías necesarios para afrontar os retos da transición enerxética e do modelo liñal ao modelo circular da economía. TIPO: Habilidades e destrezas |
A41 |
RAC 1.5 - Identificar oportunidades e retos que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social en liña co recollido nos ODS. TIPO: Coñecementos e contidos |
A42 |
RAC 2.3 - Transferir o coñecemento obtido aplicando na práctica solucións novedosas e creativas, relacionadas coa protección do medio ambiente, e os retos emerxentes asociados, que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social, adaptado ao entorno social e económico. TIPO: Competencias |
A43 |
RAC 3.1 - Empregar ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión. TIPO: Habilidades e destrezas |
A44 |
RAC 4.2 - Transferir o coñecemento obtido aplicando na práctica solucións novedosas e creativas, relacionadas coa protección do medio ambiente, e os retos emerxentes asociados, que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social, adaptado ao entorno social e económico. TIPO: Competencias |
A45 |
RAC 5.1 - Expresar as ideas e argumentos de forma clara e con corrección, tanto de xeito oral como escrito, nas línguas oficiais da comunidade autónoma. TIPO: Coñecementos e contidos |
A46 |
RAC 6.1 - Valorar o emprendemento como elemento fundamental do impacto da universidade na sociedade e coñecer os recursos ao alcance de persoas emprendedoras. TIPO: Competencias |