Metodoloxías
Resumo
Actividades iniciais
Presentación oral
Descrición
O titor dedicará, como mínimo, o tempo previsto nas normas de POD da UDC para o seguimento do estudante, incluída a revisión do estado da cuestión, a planificación do TFM, a elección da metodoloxía máis conveniente para o desenvolvemento do mesmo, a supervisión dos resultados obtidos, da discusión dos mesmos e da extracción de conclusións, baseados no traballo desenvolvido nas prácticas obrigatorias realizadas polo estudante. Tamén se supervisará a redacción da memoria de TFM e a elaboración da presentación da mesma. Valoraranse os avances do estudante e realizaranse propostas de mellora.