Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Seminario A1 A2 A3 A6 A8 B1 B2 B4 B5 B7 B10 B11 A avaliación continua terá un peso do 40% na cualificación da materia e constará os seguintes compoñentes: resolución de problemas e casos prácticos (15%), exposición oral [(casos prácticos, problemas), 10%] e cuestións orais durante o curso (10%) e asistencia e participación (10%). 40
Proba mixta A1 A2 A3 B2 B5 O exame final versará sobre a totalidade dos contidos da materia. 60
 
Observacións avaliación

A avaliación desta materia farase mediante avaliación continua e a realización dun exame final.

O alumnado repetidor terá o mesmo réxime de asistencia ás clases que os que cursan a materia por primeira vez.

A avaliación continua (N1) terá un peso do 40% na cualificación da materia e constará os seguintes compoñentes: resolución de problemas e casos prácticos (15%), exposición oral [(casos prácticos, problemas), 10%] e cuestións orais durante o curso (10%) e asistencia e participación (10%).

O exame final (N2) versará sobre a totalidade dos contidos da materia.

A cualificación do alumno obterase como resultado de aplicar a fórmula seguinte:

Nota final = máximo (0.4 x N1 + 0.6 x N2)

Sendo N1 a nota numérica correspondente á avaliación continua (escala 0–10) e N2 a nota numérica do exame final (escala 0–10).

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Consideraránse
exentos das sesións maxistrales si bien se lles facilitará a asistencia ao maior número posible de seminarios. De non poder asistir aos seminarios o alumno fará un traballo tutorizado. Esto se aplicará a
ambas oportunidades.

Segundo se recolle nas distintas normativas de
aplicación para a docencia universitaria tratarase de incorporar a perspectiva
de xénero nesta materia. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e
actitudes sexistas así como situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse
accións e medidas para corrixilas e fomentar valores de respecto e igualdade.