Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recomendacións para a avaliación
O/a estudante debe revisar os conceptos teóricos introducidos nos distintos temas, utilizando o manual de referencia e os resumos. O grao de éxito na resolución dos exercicios propostos proporciona unha medida da preparación do alumno para afrontar o exame final da materia. Aqueles/as estudantes que teñan dificultades importantes cando traballan nas actividades propostas deben asistir ás horas de titoría do profesor/a, para que o profesor/a poida analizar o problema e axudar a resolver esas dificultades. É moi importante, á hora de preparar o exame, resolver algúns dos exercicios que aparecen ao final de cada un dos capítulos do manual de referencia.

Recomendacións para a recuperación
O profesor/a analizará con aqueles alumnos/as que non superen con éxito o proceso de avaliación e, se así o desexan, as dificultades atopadas para aprender os contidos da materia. Tamén lles proporcionará material adicional (preguntas, exercicios, exames, etc.) para reforzar a aprendizaxe da materia


• É moi recomendable asistir ás clases da exposición dende o primeiro día, xa que os distintos temas do programa están ligados entre si.
• É importante manter o estudo "actualizado".
• Despois de ler un tema, é útil resumir os puntos importantes, identificando as cuestións básicas a recordar e asegurándote de coñecer tanto o seu significado como as condicións nas que se poden aplicar.