Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Química Xeral 1 | Código | 610G01007 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Lecturas | A fin de que o alumno/a poida aproveitar o mellor posible a clase expositiva, deberá lerse previamente o correspondente tema na bibliografía recomendada e despois de asistir a clase expositiva, responder a un test sobre a base da devandita lectura. |
Sesión maxistral | Na clase maxistral pasarase revista aos contidos dos correspondentes temas, sinalando os seus aspectos máis importantes, deténdose particularmente naqueles conceptos fundamentais e/ou de máis difícil comprensión para o estudantado. |
Solución de problemas | As clases de solución de problemas estarán dedicadas á resolución dun boletín de problemas e cuestións propostas con antelación ao alumno/a a fin de que este poida traballar sobre eles antes da correspondente sesión presencial. Subir as repostas aos boletíns ao Campus Virtual será imprescindible para poder ser avaliado/a nas clases de problemas. Periodicamente, nas clases de solución de problemas se levarán a cabo probas curtas destinadas tanto á avaliación do aproveitamento dos alumnos/as como á orientación do profesor/a sobre os problemas que a materia lles presenta. Tangencialmente, estas tenden a propiciar que o estudante realice de maneira continuada o esforzo que require o estudo da materia |
Proba mixta | Proba de conxunto que se realizará na data fixada no calendario acordado pola Xunta de Facultade. O seu obxectivo é contribuir á avaliación do nivel de competencias adquirido polo alumnado no conxunto da materia. |
Proba de completar | Probas que constan dun enunciado que teñen que completarse nun ou máis puntos cunha frase específica, palabra ou cifra, co obxetivo de repasar os contidos teóricos vistos na materia. |
Obradoiro | Os obradoiros están concibidos como un conxunto de actividades eminentemente prácticas nas que o alumno/a debe participar de maneira activa. O seu principal obxectivo é completar e profundar naqueles aspectos do temario máis relevantes e/ou de difícil comprensión. Cada Obradoiro leva asociada a realización dun traballo previo e subir ao Campus Virtual os devanditos traballos será imprescindible para poder ser avaliado nos Obradoiros. Ao finalizar o obradoiro, empregando aplicacións dispoñibles en Internet, realizarase unha proba de resposta múltiple para avaliar o grao de asimilación do alumno/a dos aspectos do temario traballados. |