Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Química Xeral 1 | Código | 610G01007 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Obradoiro | A1 A2 A3 A6 A8 A12 B2 B3 B5 C1 | A realización do traballo previo, así como subir as respostas ao Campus Virtual, será imprescindible para poder ser avaliado no Obradoiro correspondente. Nesta actividade terase en conta a participación activa e o nivel de coñecemento demostrado polo alumnado na proba de resposta múltiple que se realizará ao final de cada obradoiro. |
10 |
Proba mixta | A1 A2 A3 A6 A8 A12 A14 B2 B3 C1 | Consistirá nunha proba de conxunto que se celebrará á fin do semestre. Constará tanto de preguntas a desenvolver, como de preguntas tipo test, formulación e problemas. Estes serán similares aos plantexados ao longo do curso. |
60 |
Solución de problemas | A1 A2 A3 A6 A8 A12 A14 B2 B3 C1 | A realización do boletín, así como subir as respostas ao Campus Virtual, será imprescindible para poder ser avaliado na clase de problemas correspondente. Realizaranse periodicamente probas curtas, como se menciona na sección de metodoloxía. Nesta actividade avaliarase tamén a participación activa e o nivel de coñecemento demostrado polo alumnado, tanto ao resolver os exercicios, como no debate cos seus compañeiros. |
20 |
Lecturas | A1 A2 A3 A6 A8 A12 A14 A25 B4 | Avaliarase o aprendido na lectura mediante un test que se realizará no Moodle, tras ler as lecturas recomendadas e asistir a clase expositiva relacionada. | 5 |
Proba de completar | A1 A2 A3 A6 A8 A12 A14 B3 B4 | Probas realizadas no Campus Virtual ó longo do curso, que constan dun enunciado que teñen que completarse nun ou máis puntos cunha frase específica, palabra ou cifra, onde se avalían algúns dos contidos teóricos vistos na materia. | 5 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia será necesario conseguir polo menos 50 puntos entre as diferentes actividades avaliables (proba mixta, lecturas, solución de problemas, probas de completar e obradoiros), así como obter unha cualificación mínima de cinco sobre dez puntos na proba mixta. De non alcanzarse dita puntuación mínima na proba mixta, no caso de que a media sexa superior ou igual a 50 puntos (sobre 100) a materia figurará como suspensa (4.5). Dado que a cualificación baséase no modelo de avaliación continua, valorarase especificamente a progresión do alumno/a ao longo de todo o cuadrimestre cun máximo de 1 punto que poderá sumarse á cualificación final. No caso de que a cualificación da proba mixta sexa superior a suma de todas as cualificacións das actividades avaliables, a cualificación final será a da proba mixta. Para obter a cualificación de non presentado, os alumnos/as non poderán participar en máis dun 25% das clases de solución de problemas e dos obradoiros, nin realizar a proba mixta. Na segunda oportunidade repetirase a proba mixta e a cualificación final calcúlase de acordo coas porcentaxes establecidas e as restricións previamente fixadas. O alumnado que sexa avaliado na denominada segunda oportunidade só poderá optarse á matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non fose cuberto na súa totalidade na primeira oportunidade. Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a cualificación obtida nas actividades asociadas ao sistema personalizado de tutorías corresponderase coa avaliación da metodoloxía desolución de problemas, é dicir co 20% da cualificación final. O 80% restante da devandita cualificación final será determinada a través dos resultados obtidos polo alumno na proba mixta. Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC. |