Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Química Xeral 2 | Código | 610G01008 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Nas sesións maxistrais describiránse as liñas mestras da materia e os seus contidos fundamentais. |
Seminario | Nos seminarios incidirase nos aspectos máis de detalle dos contidos, reforzando os conceptos tratados nas sesións maxistrais, principalmente a través da resolución de cuestións, problemas e o tratamento de casos. As sesións de seminario basearanse no traballo dos alumnos, que se lles irá marcando a medida que avance a materia. Para un axeitado aproveitamento, se indicará con antelación aos estudantes o traballo que deben ir facendo con antelación a cada sesión de seminario. |
Prácticas de laboratorio | As prácticas de laboratorio desenvolverán exemplos experimentais dos conceptos tratados na materia. A realización das prácticas é requisito imprescindible para superar a materia no seu conxunto. Os alumnos deberán, segundo as indicacións dos profesores, rexistrar un diario de laboratorio, que deberán entregar nunha data prefixada. Salvo excepcións debidamente xustificadas, non se valorarán os entregados fora de prazo. |
Proba mixta | Integra preguntas abertas de desenvolvemento, tipo problemas, e preguntas tipo test, de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. |