Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Química Xeral 2 | Código | 610G01008 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Seminario | A1 A4 A5 A10 A12 A14 A21 B2 | Os estudantes deberán traballar tanto por anticipado como a posteriori os contidos tratados nestas sesións. Ademáis, deberán manter a atención e concentración durante estas sesións. A asimilación do traballo realizado durante os seminarios medirase, de xeito esporádico, mediante cuestións de resposta curta ou a resolución dalgún excercicio breve, a realizaren na clase maxistral ou en seminarios. |
10 |
Prácticas de laboratorio | A3 A5 A14 A16 A23 A24 B3 B4 C1 C3 C6 | Terase en conta o traballo do alumno no laboratorio, incluindo a planificación dos experimentos, o seu desenvolvemento, a análise crítica dos resultados obtidos, a capacidade de xeneralización e para tirar conclusións, etc. Asemade, valoraranse cualidades como a iniciativa, capacidade de comunicación, etc., así como a calidade do traballo desenvolto. Os alumnos deberán, segundo as indicacións dos profesores, rexistrar un diario de laboratorio, que entregarán nunha data prefixada. Salvo excepcións xustificadas, non se valorarán os entregados fora de prazo. |
10 |
Proba mixta | A1 A3 A4 A5 A10 A12 A14 A21 B2 B3 | Cada estudante deberá realizar unha proba na que deberá amosar a súa capacidade para resolver problemas, cuestións conceptuales e o tratamento breve e sintético de determinados temas, facéndoo de xeito independente e nun intervalo de tempo prefixado. A avaliación terá en conta os coñecementos amosados e a calidade dos resultados obtidos no tempo establecido. |
80 |
Observacións avaliación | |||
* A asistencia ás prácticas é requisito imprescindible para superar a materia. * Para superar a materia será preciso obter na proba mixta unha nota non inferior a 5.0 sobre 10 (4 sobre 8) e acadar, sumadas as cualificacións de todas as actividades, unha nota mínima de 5.0. * De non ter acadado a cualificación mínima na proba mixta final a materia figurará como suspensa, aínda que a media das cualificacións obtidas nas distintas metodoloxías sexa superior a 5 (sobre un máximo de 10), en cuxo caso a cualificación final outorgada será de 4.5. * A cualificación de non presentado terana aqueles alumnos que non realizaren as prácticas nin a proba mixta final. * A segunda oportunidade de xullo enténdese como unha segunda oportunidade de realización da proba mixta final. Consecuentemente, mantéñense as cualificacións das prácticas de laboratorio e os seminarios obtidas ao longo do curso, mentres que a cualificación da proba mixta da segunda oportunidade substituirá a obtida na proba mixta da primeira oportunidade. * Os alumnos que sexan avaliados na chamada "segunda oportunidade" só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo de estas para o correspondente curso non se cubriu na súa totalidade na"primeira oportunidade". * Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC. Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial: Son de aplicación os criterios anteriores. Alumnado con recoñecemento de dispensa académica de exención de asistencia (de acordo coas normas da UDC): Son de aplicación os criterios anteriores a excepción da asistencia e participación nos seminarios. Neste caso, a proba mixta final representará o 90% da cualificación final e o 10% restante corresponderá coa cualificación de prácticas. A asistencia as prácticas é obrigatoria, ainda que se tentará, na medida do posible, adaptar os horarios a dispoñibilidade dos alumnos. |