Co fin de superar con éxito a materia, é imprescindible que o alumno teña unha serie de coñecementos previos de química e de matemáticas, de acordo co nivel esixido en secundaria e bacharelato, como son: nomenclatura e formulación química, axuste de reaccións químicas, cálculos estequiométricos, identificación carácter ácido-base de compostos comúns, obtención de estados de oxidación dos elementos nas especies químicas, manexo de logaritmos, expoñentes, etc. RECOMENDACIÓN DO PROGRAMA GREEN CAMPUS: para axudar a
conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co punto 6 da
“Declaración Ambiental de Facultade de Ciencias (2020)”, os traballos
documentais que se soliciten nesta materia:
(a) Solicitaranse mayoriatariamente en format virtual e soporte
informático. (b) De realizarse en papel:
-Non se empregarán plásticos
-Realizaranse impresións a dobre cara
-Empregarase papel reciclado
-Evitarase a realización de borradores. |