Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Laboratorio de Química 1 | Código | 610G01010 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Actividade en grupo grande ao inicio do curso, e onde se presentará a materia comentando entre outros aspectos, a metodoloxía de traballo e os criterios que se utilizarán na avaliación do alumnado. |
Sesión maxistral | Sesións de aula en grupo intermedio nas que, abordaranse parte dos contidos do Bloque I que requiren a participación activa do alumnado. |
Obradoiro | Sesións en grupo intermedio nas que traballaranse os contidos do Bloque II, relacionados cos procesos básicos nun laboratorio químico. Cada práctica levará asociado un guión con cuestións de comprensión dos fundamentos teóricos, posibles aspectos de perigo, toxicidade e medidas de seguridade a considerar. Estes aspectos serán traballados con antelación pol@s estudantes e recollidos nun Traballo Previo que será revisado polo profesorado nos obradoiros. O rematar o período de prácticas, levarase a cabo un obradoiro de repaso en grupo intermedio para repasar e afianzar os conceptos traballados durante o curso. |
Prácticas de laboratorio | Nas prácticas de laboratorio, que se imparten en grupo intermedio, os/as estudantes traballarán contidos do Bloque I e do Bloque II a través da realización de actividades de carácter práctico. Todo o traballo feito nas prácticas quedará reflexado no Caderno de Laboratorio. |
Proba de resposta breve | Ao finalizar cada práctica realizaranse probas de resposta curta, cálculos numéricos ou de tipo test, co obxectivo de comprobar que se comprenderon e asimilaron os contidos das prácticas traballadas. |
Proba mixta | Ao finalizar o período de prácticas realizarase un exame escrito onde se avaliarán os coñecementos adquiridos polo alumnado, que constará dunha serie de cuestións de diferente natureza, que poden ser de desenvolvemento medio-longo ou de desenvolvemento curto sobre aspectos puntuais dunha práctica, de resolución de problemas numéricos ou de elección entre respostas múltiples. |