Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Obradoiro
Sesión maxistral
Descrición
(Xa descrita para cada unha das metodoloxías)
Para comprobar e orientar o traballo do alumnado (preparación previa das prácticas, elaboración do caderno de laboratorio, grao de comprensión dos traballos, etc.) prográmanse varias sesións de titoría que se distribuirán polo medio do período de prácticas.
As horas de atención personalizada servirán para a aclaración dos conceptos fundamentais da materia, así como para a resolución de cuestións individuais expostas nos seminarios, nas sesións maxistrais e nas prácticas.
Aquel@s estudiantes que se acollan o réxime de "recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia", según a normativa académica vixente da UDC disporán dunha atención específica que se concreta nos seguintes aspectos:
- Este alumnado disporá, a petición propia e en horarios a convir, de axuda tutorial para a preparación dos contidos do Bloque I e dos contidos do Bloque II que se traballarán nos talleres previos ás clases prácticas de laboratorio, así como do obradoiro posterior ás mesmas (ver metodoloxía).
- Igualmente, e cando así o solicite, este alumnado recibirá axuda tutorial complementaria para orientación e resolución de dúbidas.