Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A1 A7 A12 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A23 A24 A25 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 Durante a realización das prácticas de laboratorio, levarase a cabo unha avaliación contínua do traballo do alumnado, o grao de comprensión das prácticas, a actitude e a racionalización dos experimentos. Igualmente, avaliaranse tanto o contido, como o formato do Caderno de Laboratorio (ver metodoloxías).
40
Proba mixta A1 A12 A16 A18 A20 A21 A24 A25 B2 B3 C1 Exame escrito no que se avaliarán os coñecementos adquiridos polo alumnado en todas as actividades realizadas.
30
Obradoiro A1 A16 A21 A23 A24 A25 B2 B3 B7 C1 C3 Avaliación do Traballo Previo que o alumnado debe elaborar para cada unha das prácticas do Bloque II, previa a realización das mesmas. Esta actividade será avaliada mediante a participación activa do alumnado e os conceptos adquiridos na preparación do Traballo Previo. 10
Proba de resposta breve A1 A7 A18 A20 A21 A24 B2 B3 C1 Ao finalizar cada práctica do Bloque II, levarase a cabo unha proba de resposta curta e/ou cálculo relacionadas cos contidos e aspectos relevantes da práctica realizada para evaluar a racionalización dos fundamentos teóricos coa experimental. 20
 
Observacións avaliación

- Para superar a materia será preciso acadar, sumadas as cualificacións
de todas as actividades de evaluación continuada (Seminarios e Prácticas de laboratorio), un mínimo de 5 puntos (sobre 10) e obter un mínimo de 5 puntos (sobre 10) na
cualificación da Proba mixta. No caso de que o alumnado non conseguise a
puntuación mínima nalgunha delas, se a suma do conxunto de todas as
actividades avaliables é superior ou igual a 5 puntos, a materia
figurará como suspensa (4,5 sobre 10 puntos).

- No caso de non superar a materia na primeira oportunidade:

1) A cualificación dos Seminarios e das Prácticas de Laboratorio conservaranse na segunda oportunidade de xullo, sempre que sumen un mínimo de 5 puntos (sobre 10).

2) A cualificación da Proba mixta da
segunda oportunidade de xullo substituirá a obtida na proba mixta da
primeira oportunidade, sendo de novo necesario acadar un mínimo de 5
puntos (sobre 10) na puntuación da Proba mixta para poder superar a
materia.

- Para obter a cualificación de non presentado, o
alumnado non poderá ter participado en máis dun 25% das Prácticas de
laboratorio e dos Seminarios, nin realizar a Proba mixta.

- De
acordo coa normativa académica, o alumnado que sexa avaliado na "segunda
oportunidade", só poderá optar a matrícula de honra se o número máximo
destas para o curso non se cubriu na súa totalidade na "primeira
oportunidade".

- Para aquel
alumnado que se acolla ao "recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica de exención de asistencia"
tratarase de adaptar os horarios á súa dispoñibilidade na medida do
posible. A cualificación final para este alumnado, tanto para a primeira
como para a segunda oportunidade, seguirá o esquema de avaliación
anteriormente descrito.

- No caso de circunstancias moi
excepcionais, obxectivables e adecuadamente xustificadas, o Profesor
Responsable podería eximir total ou parcialmente a algún membro do
alumnado de concorrer ao proceso de avaliación continuada. O alumnado
que se atopara nesta circunstancia deberá superar un exame específico
que non deixe lugar a dúbidas sobre a consecución das competencias
propias da materia.

Consideracións xerais:

Todos os aspectos relacionados
con "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e
"fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

Convocatoria
adiantada de decembro:

A ponderación na avaliación das diferentes actividades
docentes do alumnado que participe na convocatoria adiantada de decembro será
adaptada ás novas porcentaxes de avaliación recollidas na presente guía, no
caso de que estas difiran entre si en ámbolos dous cursos académicos.