Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Química Analítica 1 | Código | 610G01011 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Nas clases maxistrais o profesor desenvolverá os contidos fundamentais do programa da materia. Para un total aproveitamento das mesmas, o alumno haberá de preparar previamente os aspectos fundamentais do tema a tratar, empregando tanto o material docente (esquema que reflicte os contidos de cada tema) como a bibliografía recomendada relacionada co tema, que se proporcionan ao alumno coa suficiente antelación a través da plataforma Campus Virtual. |
Solución de problemas | Clases en grupos intermedios adicadas á resolución dos boletíns de problemas, que previamente terán sido proporcionados ao alumno a través da plataforma Campus Virtual, e que deberán realizar de forma autónoma para a súa resolución e explicación nestas clases. Ademáis, tamén se resolverán dúbidas sobre calquera aspecto relacionado coas sesións maxistrais. |
Seminario | Como actividade inicial antes de comezar as prácticas, prográmase 1 sesión de 2 horas de duración nun grupo único na que se exporá aos alumnos a metodoloxía docente que se vai empregar nas prácticas de laboratorio. |
Prácticas de laboratorio | 6 sesións de laboratorio de 3 horas de duración (divididas en dous bloques de tres sesións), nas que o alumno levará a cabo a aplicación dos conceptos teóricos estudados na aula. Cada práctica leva vencellado un guión e un prelaboratorio que serán proporcionados ao alumno (a través do Campus Virtual) con antelación ás sesións prácticas. A realización dos prelaboratorios antes de realizar as prácticas é obrigatoria. Durante as sesión de laboratorio, e de xeito simultáneo á realización dos experimentos, o alumno deberá realizar os cálculos asociados a cada práctica que serán revisados polo profesor en cada práctica. |
Proba de resposta breve | Realizaranse probas nas que se avaliará a aprendizaxe do alumno, mediante preguntas de resposta breve, sobre temas da materia. Estas probas realizaranse empregando a plataforma Campus Virtual. |
Proba práctica | Realizaranse dúas probas escritas (cada unha ao finalizar un bloque de prácticas) en cada unha das convocatorias oficiais. Nas que se avaliará a aprendizaxe do alumno mediante cuestións das prácticas levadas a cabo no laboratorio |
Proba mixta | Realizaranse dúas probas escritas en cada unha das dúas convocatorias oficiais de xaneiro/xullo. Nunha delas avaliarase a aprendizaxe do alumno mediante preguntas de teoría e de teoría aplicada e na outra proba avaliarase a aprendizaxe mediante a resolución de problemas |