Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Solución de problemas
Descrición
As clases de solución de problemas son actividades en grupos intermedios, o que permite que o alumno participe directamente, podendo analizar se o proceso de aprendizaxe do alumno é axeitado.

As clases de prácticas de laboratorio están concebidas coma actividades en grupos reducidos, permitiendo levar a cabo unha atención personalizada de cada alumno. Estas sesións de laboratorio favorecen o seguimento da aprendizaxe e a orientación do alumno respecto ao estudo da materia.

Ademáis, ao longo do cuadrimestre, os alumnos poderán facer uso do horario de titorías para realizar calquera consulta ou dúbida acerca da materia.

O alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será atendido en réxime de horas de titorías (previa cita). A realización das prácticas de laboratorio e a asistencia ás sesións de solución de problemas serán facilitadas dentro da flexibilidade que permitan os horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos.