Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A7 A16 A17 A19 A20 A21 A23 A24 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C6 Valorarase a realización axeitada dos prelaboratorios, a destreza na realización do traballo experimental, a interpretación dos datos obtidos, así como a correcta realización dos cálculos.
15
Solución de problemas A7 A16 A20 B1 B2 B4 C1 Valorarase o traballo realizado antes e durante as sesións, así coma a actitude e participación activa do estudante na aula. 10
Proba mixta A4 A7 A20 A21 A24 B1 B2 C1 C6 Realizaranse dúas probas escritas en cada unha das convocatorias oficiais: unha proba constará de preguntas de teoría e teoría aplicada e a outra proba constará de exercicios enfocados á resolución de problemas.
60
Proba de resposta breve A4 A7 A21 B4 Probas realizadas a través da plataforma Campus Virtual sobre temas da materia mediante preguntas de resposta breve. 7.5
Proba práctica A7 A19 A21 A24 B2 C1 Realizaranse dúas probas escritas (cada unha ao finalizar un bloque de prácticas) nas que se avaliará a aprendizaxe do alumno mediante cuestións das prácticas levadas a cabo no laboratorio 7.5
 
Observacións avaliación

Para superar a materia plantéxanse dous requisitos básicos: 

1.- A realización das prácticas de laboratorio é condición obrigatoria para poder aprobar a materia. 
2.- Acadar unha cualificación mínima de 5 (sobre 10) no computo das metodoloxías relativas ás prácticas e en cada unha das probas mixtas das que consta cada convocatoria. De non acadar a puntuación mínima nalgunha delas, e aínda que a media sexa superior ou igual a 5 (sobre 10), a asignatura estará suspensa e figurará unha cualificación de 4.5. 

Os alumnos que non participen nas actividades desenvolvidas nas sesións de solución de problemas ou nas probas de resposta breve, obterán unha cualificación de 0 nestes apartados. 

Cualificarase cun Non Presentado aos alumnos que non realicen a proba mixta. 

No contexto de "avaliación continuada" a "segunda oportunidade" enténdese coma unha segunda oportunidade de realización da proba mixta e da proba práctica. Polo tanto, para as prácticas de laboratorio, solución de problemas e proba de resposta breve manteranse as cualificacións obtidas a o longo do curso, mentras que a cualificación da proba mixta e da proba práctica obtida na segunda oportunidade substituirá ás obtidas na primeira oportunidade. 

Os alumnos avaliados na "segunda oportunidade" só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se tivese cuberto na súa totalidade na "primeira oportunidade". 

Para o alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial, aplicaranse os mesmos criterios de avaliación.

Para os estudantes con dispensa académica de exención de asistencia, a realización das prácticas de laboratorio será obrigatoria e será facilitada dentro da flexibilidade que permitan os horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos. Por outra banda, facilitaráselles a asistencia ao maior número posible de sesións de solución de problemas. De non poder asistir ás devanditas sesións, o alumno realizará un traballo titorizado. Deste xeito, este alumnado será avaliado mediante as cualificacións obtidas nas prácticas de laboratorio (15%), na proba mixta (60%), na proba de resposta breve (7.5%), na proba práctica (7.5%) e traballos tutelados-solución de problemas (10%). Isto aplicarase a ámbalas dúas oportunidades.

Todos os aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC (/gl/normativa/academica/)