Metodoloxías
Seminario
Prácticas de laboratorio
Descrición
Os seminarios e prácticas de laboratorio están organizados como actividades en grupos reducidos nas que o alumnado participa directamente. De este modo realizarase unha atención personalizada dos alumnos/as permitindo un mellor seguimento e orientación de todos os aspectos relacionados coa docencia
Programaranse o longo do cuatrimestre tutorías individuais de aproximadamente media hora de duración. Nestas tutorías o profesorado resolverá as dúbidas que atopen os estudantes no estudo da asignatura e poderá analizar se o proceso de aprendizaxe está sendo axeitado.
Os alumnos/as poderán facer uso do horario de tutorías para calquera consulta ou dúbida acerca da materia.
O alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será atendido en réxime de horas de titorías (previa cita).