Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Química Analítica 2 | Código | 610G01012 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Seminario | A7 A15 A20 A21 A22 A24 A25 B2 B4 C1 | O traballo do estudantado irase avaliando o longo dos seminarios. Terase en conta se é o caso, a resolución de cuestións ou problemas plantexados polo profesor. |
20 |
Prácticas de laboratorio | A7 A15 A17 A18 A19 A20 A22 A23 A24 B2 B3 B4 C6 C8 | Avaliarase de modo continuado o traballo desenvolto polo alumnado no laboratorio: destreza, interpretación dos datos experimentais, a correcta realización dos cálculos e das cuestións propostas. Tamén se terá que entregar unha memoria final e resolver un caso práctico proposto polo profesor. | 20 |
Proba mixta | A7 A15 A20 A24 B2 B3 B4 C1 | Realizase nas datas oficiais aprobadas polo centro. Servirá para podera avaliar o grado de aprendizaxe e de adquisición de competencias por parte do alumnado. Constará tanto de preguntas teóricas como cuestións aplicadas e resolución de problemas numéricos. |
60 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia deben darse os seguintes requisitos básicos: -As prácticas de laboratorio son obrigatorias. -Acadar unha cualificación final de 5 puntos sobre dez tanto nas prácticas como na proba mixta. - A cualificación obtida en seminario so se sumará no caso de aprobar a proba mixta. Os alumnos/as que non participasen nalgunha actividade desenvolvida nas sesión de seminario, obterán unha cualificación de 0 nese apartado (20% da cualificación global) nas dúas oportunidades. As cualificacións das prácticas de laboratorio e dos seminarios conservaranse para a segunda oportunidade de xullo. Mentres que a cualificación da proba mixta da segunda oportunidade substituirá á obtida na primeira oportunidade. Na primeira e segunda oportunidade, o alumnado que fixesen as prácticas e a sua cualificación fose inferior a 5 puntos, terán a oportunidade de realizar, ademais da proba mixta, unha proba específica relacionada cas prácticas de laboratorio. A cualificación desta proba específica substituirá a calificación obtida nas prácticas para calcular a cualificación global. O alumnado terá a cualificación de Non Presentado cando non faga as prácticas de laboratorio nin a proba mixta. Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC. Os alumnos/as avaliados na segunda oportunidade só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo de estas para o correspondente curso non se esgotou na súa totalidade na primeira oportunidade. Para aqueles estudantes que soliciten a convocatoria adiantada de decembro, aplicaranse as consideracions indicadas na guía docente do curso anterior. |