Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Química Analítica Instrumental 2 | Código | 610G01014 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Prácticas de laboratorio | Realizaranse prácticas de laboratorio nas que, dentro das dispoñibilidades de instrumentación e infraestrutura da Facultade, traballarase con aplicacións das técnicas analíticas estudadas (técnicas cromatográficas, electroanalíticas...). O estudante realizará unha preparación previa orientada polas cuestións presentadas polas profesoras. Nas sesións prácticas incidirase na comprensión da instrumentación e na manipulación da mesma supervisada polas profesoras. Elaborarase un informe de laboratorio que incluirá unha busca bibliográfica, cálculos numéricos e un comentario crítico dos resultados |
Proba mixta | Realizarase unha proba para avaliar os coñecimentos adquiridos e o seu manexo. Nesta proba haberá cuestións de tipo teórico e exercicios numéricos, as cales avaliarán os contidos das sesións maxistrais e seminarios. |
Seminario | Procederase á resolución dalgúns dos problemas numéricos entregados previamente aos alumnos e que deberán ter traballado de forma individual, personal e previa aos seminarios. |
Sesión maxistral | Presentaranse as bases conceptuais de cada unha das técnicas analíticas empregadas. Explicando os principios físicos, biolóxicos ou físico-químicos nos que se basean as medidas. Discutiranse os principios da instrumentación e problemas habituais. |