Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Química Física 1 | Código | 610G01016 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Explicacións orais complementadas co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de desenvolver os contidos básicos da materia e facilitar a súa aprendizaxe. |
Seminario | Actividade a desenvolver en grupos intermedios. Estudo intensivo dos contidos desenvolvidos nas sesións maxistrais. Discútense e resolvense cuestións e problemas relacionados cos contidos das materia, con apoio e supervisión directa do profesor. Previamente á sesión presencial, a través da plataforma virtual, indícanse as actividades a realizar antes e durante cada sesión. |
Prácticas de laboratorio | Actividade práctica a desenvolver en grupos reducidos nos laboratorios de informática. Propóñense e resolvense cuantitativa ou cualitativamente problemas relacionados cos contidos da Química Cuántica. Empréganse programas informáticos de uso habitual en cálculos científicos. O alumno deberá resolver e entregar un cuestionario referido ás prácticas desenvolvidas. |
Traballos tutelados | Actividades en grupo que pretenden promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor. Propóñense actividades relacionadas cos seminarios da materia, que deben resolverse en grupo e explicarse posteriormente ao profesor nunha titoría presencial. Só poderán participan os estudantes que asistan de modo regular aos seminarios da materia (80%). |
Proba obxectiva | Dúas probas curtas ao longo do cuadrimestre: - Primeira proba a mediados do cuadrimestre: avalíase a aprendizaxe asociada aos fundamentos básicos da Química Cuántica e a súa aplicación a sistemas sinxelos. - Segunda proba a finais do cuadrimestre: avalíase a aprendizaxe asociada á aplicación da Química Cuántica a átomos e moléculas. As probas poderán combinar preguntas de resposta múltiple e/ou de resposta breve. Nunha sesión presencial posterior, resólvense e discuten as solucións correctas de cada proba, de tal modo que o alumno recibe retroalimentación de como está a ser o seu aproveitamento do curso. |
Proba mixta | Proba escrita final que combina preguntas de resposta múltiple ou de resposta breve con preguntas de resolución de problemas. Avalíase a aprendizaxe asociada a todos os contidos desenvolvidos na materia. Realízase nas datas aprobadas pola Xunta de Facultade do Centro. |