Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A8 A14 Realizanse dúas probas curtas ao longo do cuadrimestre que poderán combinar preguntas de resposta múltiple ou de resposta breve.
- Primeira proba a mediados do cuadrimestre: avaliase a aprendizaxe asociada aos contidos iniciais desenvolvidos na materia, os fundamentos básicos de Química Cuántica e a súa aplicación a sistemas sinxelos. Terá un peso de un 10% na cualificación final.
- Segunda proba a finais do cuadrimestre: avaliase a aprendizaxe asociada á aplicación da Química Cuántica a átomos e moléculas. Terá un peso de un 10% na cualificación final.
20
Proba mixta A1 A8 A12 A14 A15 A21 B2 B3 Avalíase a aprendizaxe asociada a todos os contidos desenvolvidos na materia nas data oficial aprobada en Xunta de Facultade.
Proba con dúas partes diferenciadas, unha que inclúe preguntas de resposta múltiple ou de resposta breve (50%) e outra de desenvolvemento e resolución de problemas (50%).

60
Prácticas de laboratorio A1 A8 A21 C1 C3 Avalíase a capacidade para resolver unha serie de problemas prácticos propostos, relacionados cos contidos de Química Cuántica, empregando programas informáticos de uso habitual en cálculos científicos.
Avalíase tamén a presentación final escrita dos resultados obtidos.
10
Traballos tutelados A1 A8 A16 B2 B3 B5 C1 C3 Avalíase a resolución das actividades non presenciais propostas e a participación activa na tutoría presencial.
Só os estudantes que asistan de xeito regular aos seminarios (80%) poderán participar e ser avaliados nesta actividade.
10
 
Observacións avaliación

Requisitos para aprobar a materia:

- É requisito imprescindible realizar as prácticas para poder aprobar a materia. 

- Para poder realizar as prácticas da materia é necesario a asistencia regular ás clases maxistrais.

- Para superar a materia é necesario acadar unha cualificación mínima de 4.0 (sobre un máximo de 10) na proba mixta final e a cualificación final, considerando tódalas metodoloxías de avaliacion, ser igual ou superior a 5 (sobre un máximo de 10).

- De no ter acadada a cualificación mínima na proba mixta final, a materia figurará como suspensa, aínda que a media das calificaciónes obtidas nas distintas metodoloxías sexa superior a 5 (sobre un máximo de 10), en cuxo caso a cualificación final outorgada será de 4.5.

Cualificación "non presentado":

- A cualificación de non presentado terana aqueles alumnos que non realizaren a proba mixta.

Segunda oportunidade:

- Na segunda oportunidade, realizarase unha proba mixta final, cuxa cualificación substituirá á obtida na proba mixta da primeira oportunidade, mantendo as cualificacións do resto de actividades realizadas na avaliación continua cando a súa cualificación fose igual ou superior a 5.0 sobre 10. Os traballos tutelados e as probas obxectivas con cualificación inferior a 5.0 (sobre 10) poderán recuperarse na proba mixta final (sumando a porcentaxe correspondente ao peso da cualificación da proba mixta final). A cualificación das prácticas de laboratorio non poderá recuperarse.

-Os alumnos que sexan avaliados na chamada "segunda oportunidade" só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo de estas para o correspondente curso non se cubriu na súa totalidade na"primeira oportunidade".

Convocatoria adiantada de decembro:

- É requisito imprescindible ter realizadas as prácticas para poder aprobar a materia. 

- A avaliación consistirá nunha proba mixta que representará o 100% da cualificación final. Para superar a materia é necesario acadar unha cualificación mínima de 5.0 (sobre un máximo de 10) na proba mixta. 

- De acadar a cualificación mínima de 5.0 na proba mixta e non ter as prácticas feitas, a materia figurará como suspensa cunha cualificación final de 4.5.

Todos os aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC (/gl/normativa/academica/)