Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Química Física 2 | Código | 610G01017 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Simulación | A1 A7 A8 A9 A12 A14 A15 A16 A20 A21 A24 B1 B2 B3 C3 C6 | Análise crítico dos resultados obtidos nas simulacións. |
10 |
Proba de resposta múltiple | A1 A8 A9 A12 A14 A15 A16 A20 A21 A24 A27 B1 B2 B3 B5 B7 C1 C2 C3 C7 C8 | Conxunto de probas ON-LINE, a realizar nos prazos sinalados. |
15 |
Presentación oral | A1 A7 A8 A9 A12 A14 A15 A16 A20 A21 A24 A27 B2 B3 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C6 C7 C8 | Calidade da información contida na presentación. Habilidades amosadas na presentación. Capacidade para defende-lo traballo presentado. |
10 |
Seminario | A1 A8 A9 A12 A14 A15 A16 A20 A21 A24 A27 B1 B2 B3 B5 B7 C1 C2 C6 C7 C8 | Participación activa nos seminarios. | 10 |
Prácticas de laboratorio | A1 A7 A9 A12 A14 A15 A16 A19 A20 A21 A23 A24 A26 A27 B1 B2 B3 B5 B7 C6 | A avaliación inclue: * Aspectos operacionais (desenvolvemento no laboratorio e confección da correspondente libreta) (5%) * Informe final das prácticas de laboratorio (o que inclúe a análise crítica dos resultados) (10%) |
15 |
Proba mixta | A1 A8 A9 A12 A14 A15 A16 A20 A21 A24 B1 B2 B3 B5 B7 C1 C2 C3 C6 C7 C8 | Examen final con dúas partes, unha de corte teórico (50%) que inclúe preguntas tipo test, de resposta breve e/ou de ensaio, e outra de solución de problemas (50%) na que se avaliará a habilidade na aplicación dos contidos teóricos para a resolución de problemas numéricos. |
40 |
Observacións avaliación | |||
Globalmente trátase de avaliar a adquisición dos coñecementos, acapacidade de crítica, de síntese, de comparación, de elaboración, de aplicación e de orixinalidade d@ estudante. O mellor aproveitamento da asignatura implica a asistencia a tóda-las actividades presenciais. A asistencia á totalidade das prácticas de laboratorio e obrigatoria. A non asistencia implica o suspenso con cero, sobre 10, na asignatura. Primeira oportunidade . Para que se teñan en conta as outras actividades suxeitas a avaliación é preciso obter unha cualificación mínima de catro (4) sobre dez(10) en cada unha das dúas partes da proba mixta e no informe e na presentación oral das prácticas de laboratorio. A cualificación final calcúlase de acordo coas porcentaxes establecidas e as restriccións previamente fixadas. Segunda oportunidade . Repetición da proba mixta e das actividades presenciais suxeitas a avaliación nas que non se acadou o aprobado (non se inclúe o relativo os seminarios nin as sesións presenciais de laboratorio). A cualificación final calcúlase de acordo coas porcentaxes establecidas e as restriccións previamente fixadas. En calquera das dúas oportunidades, de non alcanzarse una cualificación mínima de catro (4) sobre dez (10) en cada unha das dúas partes da proba mixta así como nas prácticas de laboratorio (presentación oral e informe), a asignatura figurará como suspensa aínda que a cualificación final, calculada segundo as porcentaxes correspondentes, sexa superior o igual a 5 (sobre10). Neste caso a cualificación final será 4.5 (sobre 10). Na segunda oportunidade, no caso de cualificacións inferiores a 4 nas actividades avaliables (distintas da proba mixta), relacionadas coas prácticas de laboratorio (excluida a parte de presencialidade no laboratorio), oportunamente establecerase a data e o procedemento para reenviar/entregar/presentar as devanditas actividades. O aprobado da asignatura obtense o acadar na cualificación final como mínimo 5 puntos, sobre 10. A cualificación final calcúlase de acordo coas porcentaxes establecidas e as restriccións previamente fixadas. Matrícula de honra. No caso de que haxa varios estudantes, con idéntica cualificación numérica, que poidan optar á matrícula de honra, se lles convocará a unha proba escrita sempre e cando o número de matrículas sexa inferior o de estudantes na devandita situación. Compre sinalar que @s estudantes avaliados na segunda oportunidade poderán optar á matrícula de honra se o número máximo de éstas non se ten cuberto na súa totalidade na primeira oportunidade. Cualificación de non presentado. Aplicarase @s estudiantes que teñan participado en actividades avaliables programadas que representen menos do 50% da cualificación final, sempre e cando non se teña obtido un 5, sobre 10, nas prácticas de laboratorio. Sucesivos cursos académicos.O proceso de ensinanza-aprendizaxe, incluída aavaliación, refírese a un curso académico, e polo tanto volta acomenzar de cero co novo curso. Alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. É necesario que o alumnado informe ó profesor ao principio do curso. Son de aplicación, para ámbalas dúas oportunidades, os criterios anteriores agás a asistencia e participación nos seminarios. Neste caso disporán das actividades a realizar nos seminarios, que deberán entregar/enviar segundo o medio telemático que oportunamente se estableza. Emprego desta asignatura como complemento de formación para estudos dedoutoramento. A cualificación será "apto" ou "non apto". Durante a realización da proba práctica, en calquera de ambas A realización fraudulenta, non premeditada, das probas e/ou Plaxio e fraude na realización de tarefas ou probas.Será de aplicación o recollido na normativa da Universidade da Coruña no Artigo14 das “Normas de evaluación, revisión y reclamación de las calificaciones de los estudios degrado y máster universitario (CG 19/12/2013, modificado por el CG 30/04/2014,por el CG 24/07/2014, por el CG 29/01/2015, CG 28/09/2016 y CG 29/06/2017) |