É moi recomendable que @ estudante repase con asiduidade os conceptos teóricos introducidos nas clases de teoría, así como que simultáneamente;resolva as cuestións e exercicios que se lle irán propoñendo o longo do curso. Desaconséllase estudiar ÚNICAMENTE polos apuntes de clase, que nunca deben sustituir as fontes de consulta. Pode resultar moi ÚTIL emprega-las horas de titoría para aclarar dúbidas e afondar nos coñecementos asociados á asignatura.
Perspectiva de xénero: Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria se incorporará a perspectiva de xénero nesta materia.
Programa Green Campus Facultade de Ciencias
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e
cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias
(2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia solicitaranse en formato virtual e soporte
informático.
|