Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Química Inorgánica 1 | Código | 610G01021 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A21 A24 B2 B3 B4 C1 | Proba escrita que se levará a cabo, ao final do semestre, no horario aprobado en Xunta de Facultade. | 90 |
Prácticas de laboratorio | A1 A3 A17 A18 A20 A21 A22 A24 A26 C1 | Avalíase o traballo no laboratorio dende os puntos de vista de organización e seguridade, coñecemento do material e técnica do seu emprego, habilidade manual, coecemento das operacións básicas de laboratorio e, especialmente, a capacidade para comprender os procesos levados a cabo á luz da preparación previa. Tamén se avaliará a elaboración do Caderno de Laboratorio. |
10 |
Observacións avaliación | |||
Tendo en conta os criterios mencionados, cualificarase cada metodoloxía segundo as seguintes puntuacións:
A cualificación final será a suma das anteriores. Para aprobar a materia, en ambas oportunidades, será necesario alcanzar un mínimo de 5 puntos en total, debendo cumprirse ao mesmo tempo a condición de ter obtido un mínimo dun 40% da cualificación das Prácticas de laboratorio e un mínimo dun 45% da cualificación da Proba mixta. En caso de que o alumno non alcanzase a devandita puntuación mínima para cada unha delas, aínda no caso de que puntuación total sexa superior ou igual a 5 (sobre 10) a materia figurará na acta como suspensa (4,5). Ademais, para aprobar a materia será obrigatorio ter asistido a todas as clases de laboratorio, incluidos os alumnos en réxime de estudos a tempo parcial, para os cales, na medida do posible, tratarase de axeitar o horario ás suas necesidades. Para os alumnos que cumplan os requisitos antes citados, e cunha participación nas clases de seminario superior ó 80% poderase correxir a o alza as sua cualificación final ate un máximo de un punto, en base á sua participacion activa nas clases de resolución de problemas e elaboración de traballos suxeridos nas clases de teoría.
As cualificacións das Prácticas de laboratorio conservaranse na "segunda oportunidade de xullo". En canto á cualificación da proba mixta de Xullo, esta substituirá a obtida en "a primeira oportunidade". Para a segunda oportunidade aqueles alumnos que suspendesen as prácticas de laboratorio poderán completar a libreta de laboratorio nos aspectos referentes a preparación previa, realización de cálculos, cálculo de rendemento e análise dos resultados para mellorar a súa cualificación. Non son modificables a cualificación do diario de laboratorio nin o referente ao traballo no laboratorio. Os alumnos que sexan avaliados na "segunda oportunidade" só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o curso, de acordo coa normativa académica, non se cubriu na súa totalidade na "primeira oportunidade". No caso de detectarse a comisión de fraude nas probas ou actidades |