Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Química Inorgánica 3 | Código | 610G01023 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Solución de problemas | A3 A4 A15 A24 B1 B2 B3 B4 C1 C2 C6 C7 | Cualificaranse tanto as respostas do alumnado como a súa participación individual ou de grupo nas correspondentes actividades presenciais. Ocasionalmente, e a requirimento do profesor, o alumno deberá entregar os boletíns de problemas que tamén poderán ser avaliados. |
2.5 |
Obradoiro | A5 A6 A8 A9 A10 A14 A16 B5 C2 | Teranse en conta non só aspectos asociados ás actividades realizadas neles, senón tamén o nivel de participación e de coñecementos demostrado polo alumnado. |
2.5 |
Proba mixta | A1 A3 B2 B3 B4 B7 C1 C2 | Consistirá nunha proba única, deseñada como unha proba conxunto que constará tanto de preguntas de desenvolvemento, como de preguntas tipo test e problemas similares aos expostos ao longo do curso. | 90 |
Proba obxectiva | A1 A4 A5 A6 A15 B1 B2 B3 C1 | Periodicamente, o alumnado realizará unha serie de probas curtas, de tipo test ou resposta breve, durante as sesións de solución de problemas. Estas probas obxectivas están deseñadas tanto para avaliar o grao de adquisición de competencias, como para afianzar os contidos vistos nas sesións maxistrais. Esta actividade non só permitirá facer un seguimento da evolución do alumnado, senón que tamén servirá de ferramenta para detectar aqueles aspectos da materia que presentan unha maior dificultade de comprensión. | 5 |
Observacións avaliación | |||
A cualificación final será a suma das seguintes contribucións: - Proba mixta, ata un máximo 9 puntos. - Clases de "Solución de problemas" + "Obradoiros" ata un máximo de 0.5 puntos. - Probas obxectivas ata un máximo de 0,5 puntos. A proba mixta, constará dunha proba única dividida en dous bloques de contido (Bloque I: Q. de Coordinación e Bloque II: Q. do Estado Sólido). Para superar a materia é indispensable alcanzar a cualificación mínima esixida de 4,5 puntos (sobre un máximo de 9 puntos) en cada un deles. A nota asociada á proba mixta será a media das cualificacións obtidas en ambos bloques. Alcanzado este valor mínimo de 4,5 puntos (sobre 9) será posible computar a cualificación asociada ao resto de actividades feitas no curso (Seminarios, obradoiros e probas obxectivas) (até 1 punto). Se o alumnado non alcanzase a cualificación mínima de 4,5 puntos nalgún dos bloques, a cualificación final será a obtida no bloque de menor puntuación. Naqueles casos nos que o alumnado non alcanzara a nota mínima esixida nalgún do bloques, aínda que a suma global das cualificacións obtidas na proba final e o resto de actividades avaliables sexa superior a 5,0 puntos, a materia figurará como "suspensa" (4,5 puntos). Con todo, para superar a materia será necesario acadar polo menos 5,0 puntos entre a proba mixta, seminarios/obradoiros e as probas obxectivas, sempre coa restrición de ter obtido na proba mixta un mínimo de 4,5 puntos (sobre 9). En caso de que o alumnado non tivera superado algúns dos bloques de contido na primeira oportunidade, este poderase examinar só do bloque de contidos non superado na segunda oportunidade, sempre e cando a cualificación obtida no bloque non superado sexa igual ou superior a 3,0 puntos. O resultado do bloque avaliado na segunda oportunidade fará media de cara á cualificación final co bloque aprobado na primeira oportunidade. As cualificacións das clases de solución de problemas, obradoiros e probas obxectivas manteranse igualmente para o cómputo da cualificación final da segunda oportunidade. Dado que a cualificación se basea no modelo de avaliación continua, valorarase especificamente a progresión do alumno ao longo de todo o cuadrimestre cun máximo de 1 punto, que se poderá sumar á cualificación final sempre que se superase o mínimo na proba mixta. De acordo con esta metodoloxía de avaliación, considerarase que o alumno se presentou á avaliación se participou activamente en calquera das actividades de xeito que o grao de participación no seu conxunto supoña máis do 20% da cualificación da materia. Dentro do mesmo contexto de "avaliación continua" e de acordo co contido do escrito "Probas de Avaliación e Actas de Cualificación de Grao e Mestrado", a chamada "segunda oportunidade de xullo" enténdese exclusivamente como unha segunda oportunidade de realización da proba mixta. Por tanto, na devandita oportunidade realizarase de novo a proba mixta, da que o estudante só se terá que examinar das probas parciais pendentes, e á cualificación obtida nesta sumaranse as obtidas durante o curso nas outras actividades (proba parcial superada na 1ª oportunidade e clases de solución de problemas e obradoiros). As porcentaxes serán as mesmas que na "primeira oportunidade". As matrículas de honra (M.H.) outorgaranse prioritariamente aos alumnos que aprobaran a materia na primeira oportunidade, e só se outorgarán na chamada "segunda oportunidade" se o número máximo daquelas non se cubriu na súa totalidade na primeira. Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a cualificación obtida nas actividades asociadas ao sistema personalizado de titorías (resultados obtidos nos test e nas titorías de avaliación...) configurarán ata un máximo de 1 punto na cualificación final, o resto (ata un máximo de 9 puntos) corresponderá á nota obtida polo alumnado na proba mixta. A porcentaxe de dispensa asociada ás titorías de avaliación determinarase en función do número de talleres de resolución de problemas e obradoiros que deban ser avaliados mediante esta metodoloxía. Unha vez coñecido o seu número, este ponderarase sobre o seu total. No caso de que este alumnado non supere a materia na "primeira oportunidade", as cualificacións obtidas mediante este sistema de titorías reservaranse para a "segunda oportunidade", e sumaranse á nota obtida na proba obxectiva desa convocatoria para determinar a cualificación final acadada. A metodoloxía docente e as actividades que a configuran están deseñadas de acordo cun proceso de avaliación continua programado para un único curso académico, polo que non se contempla a posibilidade de trasladar cualificacións parciais de actividades superadas a cursos sucesivos. Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC. Convocatoria adiantada de decembro: A ponderación na avaliación das diferentes actividades docentes do alumnado que participe na convocatoria adiantada de decembro, será adaptada ás novas porcentaxes de avaliación recollidas na presente guía, no caso de que estas difiran entre sí en ámbolos dous cursos académicos. |