Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Química Inorgánica 4 | Código | 610G01024 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Exposicións orais do profesorado, complementadas co uso de medios audiovisuais e coa introducción de preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Trátase de sesións "abertas" con continuo intercambio de ideas entre o profesorado e o alumnado. Nestas sesións presentaranse os seis primeiros temas que figuran no apartado "Contidos". |
Prácticas de laboratorio | Traballo do alumno/a no laboratorio, baixo a tutela e supervisión do profesorado. Levarase a cabo a síntese e caracterización dun composto de coordinación e dun sólido cristalino non molecular. Este traballo comprende os dous últimos temas que se recollen no apartado "Contidos". |
Seminario | Sesións de traballo en grupos intermedios dirixidas á resolución de problemas e cuestións relacionadas cos temas expostos nas sesións maxistrais. Servirán tamén de "feed-back" para que o profesorado valore o progreso do alumnado. |
Traballos tutelados | Con anterioridade ao inicio das prácticas o alumno realizará un traballo académico dirixido, que consistirá na preparación dos experimentos que se realizarán no laboratorio mediante unha revisión bibliográfica. |
Presentación oral | Sesións en grupo nas que cada alumno/a deberá presentar o traballo que realizou ao longo das prácticas de laboratorio. Cada alumno/a disporá dun tempo reducido (5 minutos aprox.) para resumir o seu traballo. A continuación establecerase un debate coa participación de todos os alumnos/as do grupo. |
Proba mixta | Tratarase dunha proba escrita que incluirá cuestións e problemas numéricos relacionados coa materia. |