Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Química Inorgánica 4 | Código | 610G01024 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A1 A3 A4 A6 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A22 A23 A26 B1 B3 B4 B5 B7 C1 C2 | Valorarase o traballo experimental do alumno/a, en particular no que se refire á planificación, organización, destreza e seguridade no traballo práctico. Valoraranse tamén os resultados da síntese e caracterización das especies propostas. | 25 |
Seminario | A1 A9 A12 A14 A15 A16 A20 A21 A24 B1 B2 B3 B4 B5 B7 C1 C2 | Avaliarase a participación activa do alumnado nas clases de seminario. | 5 |
Traballos tutelados | A1 A3 A4 A6 A9 A14 A15 A16 A20 A21 A22 A24 B3 B4 B7 C1 C2 | Tanto o grao de preparación previa de cada práctica como a interpretación dos resultados e as conclusións obtidas nas mesmas serán avaliados mediante entrevista persoal co alumno/a. A entrevista final poderá ser substituida por pequenas probas tipo test. | 30 |
Presentación oral | A1 A14 A16 A24 B3 B4 B7 C1 C3 | Valorarase a análise dos resultados e as conclusións extraídas do traballo experimental que presentará o alumno/a aos seus compañeiros. Tamén se valorará a súa participación activa nos debates. | 10 |
Proba mixta | A1 A6 A9 A14 A20 A21 A24 B2 B3 C1 C2 | Tratarase dunha proba escrita que incluirá cuestións e problemas numéricos relacionados coa materia. | 30 |
Observacións avaliación | |||
Esta é unha materia eminentemente experimental, polo que a asistencia a todas as actividades presenciais do curso é obrigatoria. Segunda oportunidade: A puntuación máxima é de 10 puntos e a superación da materia requirirá a obtención dun mínimo de 5 puntos en total. O alumnado será avaliado mediante unha proba obxectiva (que computará por un máximo de 3.0 puntos), e unha proba práctica de laboratorio (que computará por un máximo de 7.0 puntos). En cada unha das partes avaliables requerirase obter un mínimo do 40% da puntuación máxima posible para esa parte. A proba práctica consistirá na preparación e execución dunha práctica de laboratorio seguindo os mesmos criterios detallados no apartado "Metodoloxía", coa única salvedade de que a preparación previa non será titorizada. Dada a importancia da preparación previa, se esta se realiza de maneira inadecuada o alumno recibirá a cualificación de suspenso antes de comezar o traballo de laboratorio. Para poder recuperar a proba práctica de laboratorio na segunda oportunidade é preciso que o alumno teña realizado un mínimo de 75% das "prácticas de laboratorio" de avaliación continua durante o curso. O alumno está exento de realizar a proba práctica na segunda oportunidade se obtivo un mínimo de 4 ptos na calificación de "Prácticas de Laboratorio" na primeira oportunidade. Os alumnos evaluados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se esgotasen na primeira oportunidade. NOTA 1: "Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia": Primeira e Segunda oportunidades: Están exentos de asistencia as clases de DE y TGR pero deberán realizar a "proba mixta" e obter un mínimo de 5 ptos (sobre 10) para superar esta actividade.As prácticas de laboratorio son obrigatorias e computan como no caso de alumnos con dedicación total. NOTA 2: Implicacións NOTA 3: Convocatoria |