Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Química Inorgánica Avanzada | Código | 610G01025 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Sesión maxistral | A14 B3 C1 C2 | Avaliarase a participación activa do alumno nas clases, a súa capacidade de razoamento e de argumentación fronte aos distintos aspectos tratados. Déixase aberta a posibilidade de realizar algunha proba curta que constará principalmente de cuestións moi breves e/ou preguntas de elección múltiple sobre aspectos puntuais, ou de expor a resolución de casos prácticos a través da plataforma Moodle. Os resultados constituirán unha fonte máis de avaliación. Este apartado evalúase en conxunto co de "Solución de Problemas". |
0 |
Solución de problemas | A1 A4 A6 A9 A10 A14 A16 B1 B2 B3 C1 C2 | Avaliarase a participación activa do alumno nas clases, a súa capacidade de razoamento e de argumentación fronte aos distintos aspectos tratados. Déixase aberta a posibilidade de realizar algunha proba curta que constará principalmente de cuestións moi breves e/ou preguntas de elección múltiple sobre aspectos puntuais, ou de expor a resolución de casos prácticos a través da plataforma Moodle. Os resultados constituirán unha fonte máis de avaliación. Este apartado evalúase en conxunto co de "Sesión maxistral". |
15 |
Prácticas de laboratorio | A1 A4 A6 A9 A16 A17 A18 A20 A22 A23 A26 B1 B4 | Avalíase, mediante unha entrevista persoal, a capacidade e rigorosidade de preparación dos aspectos máis importantes de cada práctica, tanto concernentes á parte sintética como á parte de caracterización. Avalíase tamén o traballo no laboratorio desde os puntos de vista de organización e seguridade, coñecemento do material e instrumentación e técnica do seu emprego, habilidade manual e, especialmente, a capacidade para comprender os procesos levados a cabo á luz da preparación previa. Tamén se avalía a elaboración do Caderno de Laboratorio, que constará de tres partes: resumo dos antecedentes, extraídos da preparación teórica previa, descrición detallada da execución e desenvolvemento do experimento (diario de laboratorio), e caracterización dos produtos; así como a elaboración dun informe final sobre os resultados obtidos e as conclusións que se poden extraer deles. | 15 |
Proba mixta | A1 A4 A6 A9 A10 A14 B2 B3 C1 C2 | A proba escrita levará a cabo no horario aprobado en Xunta de Facultade. Constará dunha serie de cuestións e problemas relacionados co programa da materia. | 70 |
Observacións avaliación | |||
Os estudantes serán avaliados mediante o seguinte sistema de cualificación: - C1: Cualificación da proba mixta: para superar a materia o alumno deberá obter un mínimo do 45% da nota máxima neste apartado. - C2: Cualificación das prácticas de laboratorio: para aprobar a materia o alumno deberá obter un mínimo do 45% da nota máxima nesta sección. - C3: Cualificación das sesións presenciais, nas clases de resolución de problemas e probas curtas. - C4: cualificación da evolución global da progresión do alumno.
O alumno aprobará a materia se obtén un mínimo de 5 puntos na seguinte suma 0,7 (C1) + 0,15 (C2) + 0,15 (C3). A cualificación da evolución global da progresión do alumno (C4) realizarase unha vez feitas as restantes cualificacións (C1, C2 e C3) e só para aqueles alumnos que superen a materia. No caso de que un estudante supere, na suma total de todas as cualificacións, os dez puntos, asignaráselle unha nota de 10,0 puntos. A participación nas actividades extraordinarias recomendadas contribuirá ao aumento da nota final. No caso de que a nota da materia sexa inferior á suma de 0,85 (C1) + 0,15 (C2), a nota substituirase polo valor da devandita suma. Se a nota final é superior a 5 puntos, pero non alcanza o 45% das notas nas dúas primeiras seccións (C1 e C2), a nota que aparecerá na acta será de 4,5 (suspensa). Se os alumnos asisten ás prácticas de laboratorio, non poderán obter a nota de "Non presentado". A cualificación obtida na "primeira oportunidade" (convocatoria de febreiro), se é positiva (igual ou superior a 5), será definitiva. A escala de cualificación na "segunda oportunidade" será a descrita para a "primeira oportunidade" coa excepción de que a nota da proba mixta da segunda oportunidade substituirá á obtida na proba mixta da primeira oportunidade. Se o alumno non alcanza o 45% da nota máxima na sección de prácticas de laboratorio na primeira oportunidade, non poderá aprobar a materia na segunda oportunidade. Os estudantes que sexan avaliados na "segunda oportunidade" só poderán recibir honores se o número máximo destes no curso, de acordo coa normativa académica, non se cubriu totalmente na "primeira oportunidade". Aqueles estudantes que se acollan ao "recoñecemento da dedicación a tempo parcial e a exención académica da exención de asistencia" segundo a normativa da UDC, só teñen que asistir ás clases prácticas de laboratorio obrigatorias. A nota final destes alumnos constará de dúas partes: a nota obtida nas prácticas de laboratorio, que contribuirá cun 15% á nota final, e a proba mixta, que contará para o 85% restante. Estas porcentaxes de cualificación aplicaranse a ambas as oportunidades. A cualificación de "non presentado" outorgarase a aqueles estudantes baixo o mencionado réxime de exención a condición de que non se presenten á proba mixta. O plaxio en calquera das probas ou actividades de avaliación levará consigo as implicacións descritas na normativa da UDC. |