1. Para poder cursar a materia de forma rendible, é recomendable ter cursado previamente a materia de Química Orgánica 1 (QO1) que se imparte no primeiro semestre.
2. Os contidos e competencias que se adquirirán nas prácticas de laboratorio das materias de Laboratorio de Química Orgánica 2 e Química están estreitamente relacionados, polo que se recomenda aos estudantes que cursen ambas as dúas materias simultaneamente.
Programa da Facultade de Ciencias do Campus Verde.
Para contribuír a conseguir un ambiente inmediato sostible e cumprir co punto 6 da "Declaración ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", o traballo documental realizado nesta área:
A. Solicitaranse principalmente en formato virtual e soporte informático.
B. Para realizar en papel: - Non se utilizarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dúas caras.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitaranse os borradores.