Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Solución de problemas A15 A21 B2 B3 B4 C1 Avaliarase a asistencia do alumno a estas clases e valorarase a súa participación activa mediante a formulación de preguntas tanto nas clases como a través do correo electrónico. Tamén se avaliará o grao de acerto na resolución dos problemas encomendados aos alumnos a través dos boletíns. 15
Prácticas de laboratorio A17 A19 A20 A26 En primeiro lugar, avaliarase mediante unha entrevista persoal, antes do inicio das practícas, o grao de preparación das mesmas. A continuación, o traballo desenvolvido no laboratorio avaliarase desde o punto de vista de organización, habilidade e rigorosidade do manexo do material e reactivos. Por último, avaliarase a elaboración do caderno do laboratorio que o alumno entregará ao final das prácticas.
A realización e superación das prácticas é condición necesaria para alcanzar a cualificación de apto. Unha vez realizadas o alumno non poderá ser considerado como Non presentado.
15
Proba mixta A1 A4 A6 A9 A10 A14 B2 B3 C1 As probas mixtas consistirán en examenes escritos onde o alumno terá que resolver problemas similares aos realizados nas clases de solución de problemas. Haberá dúas probas mixtas: unha primeira proba ou exame parcial que non ten carácter obligatorio e que terá lugar aproximadamente na metade de cuadrimestre e o exame final que realizarase na data determinada no calendario fixado pola Xunta de Facultade. O exame parcial ten carácter eliminatorio, de tal forma que o alumno que pase dita proba non terá que examinarse desa parte no exame final. 70
 
Observacións avaliación

Para superar a materia o alumno terá que asistir á totalidade das prácticas do laboratorio, conseguir en cada unha das contribucións (incluíndo os examens parciais no caso que non faga o examen global final) que contabilizan na avaliación unha nota non inferior ao 45% e lograr unha cualificación media igual ou maior de 5 puntos.

A superación das prácticas de laboratorio é un requisito imprescindible para superar a materia.
Un alumno considerarase Non presentado no caso de que non se presente á Proba mixta (exame final) e non realice as practícas do laboratorio. O alumno terá dúas oportunidades, a primeira en xaneiro e a segunda en xullo. Os alumnos que se presenten á segunda oportunidade conservarán a cualificación obtida nas prácticas de laboratorio, e realizarán unha nova proba mixta nas datas determinadas polo calendario fixado pola Xunta de Facultade cuxa cualificación substituirá á obtida en xaneiro. O estudante que non superou as prácticas laboratorios ten que realizar unha proba no laboratorio onde pode vai repetir unha parte asinada polo profesor e ten que superala como condición esencial para superar a materia na segunda oportunidade.

Os alumnos que sexan avaliados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas para o curso, de acordo coa normativa académica, non se cubriu na súa totalidade na primeira oportunidade.

Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia (de acordo coa normativa da UDC): Aplícanse os mesmos criterios de avaliación indicados anteriormente, mais están exentos da asistencia regular as clases maxistrales en aula.

Ós/ás estudantes que soliciten a convocatoria adiantada de decembro rexeranse polo disposto na Guía docente do curso 2022-23. A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria para poder superar a materia. Facilitarase, na medida do posible, a elección do grupo de prácticas co gallo de adaptar as datas á dispoñibilidade do estudante.

No caso de que se detecte plaxio, aplicarase a normativa da UDC.

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, tratarase de incorporar a perspectiva de xénero nesta materia. Traballarase para identificar e modificar prexuicios e actitudes sexistas así como situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas e fomentar valores de respecto e igualdade.