Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Química, Información e Sociedade | Código | 610G01031 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Consistirá na exposición e explicación por parte do profesor dos conceptos fundamentais de cada tema. |
Traballos tutelados | En sesións de grupo de docencia interactiva o alumnado terá que resolver, de forma individual ou grupal, os problemas plantexados polo profesor, que tutelará o seu traballo. Trataranse problemas que relacionan a Química cos medios de comunicación, coa saúde, alimentación, medio ambiente, etc., fomentando o seu debate e discusión. O alumnado terá que facer individualmente un informe previo do seu traballo, que enviará antes das clases correspondentes. |
Prácticas a través de TIC | En sesións de grupo de docencia interactiva no aula de Informática o alumnado aprenderá o uso de bases de datos bibliográficas online para a percura de información concreta en Química. |
Proba práctica | Proba de uso das bases de datos bibliográficas online, coa fin de avaliar os coñecementos adquiridos nas prácticas. |
Proba mixta | Examen final no que se inclúen preguntas tipo test, de resposta breve e de ensaio. Preténdese avaliar os coñecementos adquiridos, así coma a capacidade de razoamento, síntese, redacción e espíritu crítico. |